inicio  Estás en:

anuncios

14/04/2021
icono apartado
Calendario Fiscal 2021
APROBACIÓN CALENDARIO FISCAL 2021
RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN
Asunto: NORMAS PARA A COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DOS TRIBUTOS E PREZOS
PÚBLICOS MUNICIPAIS. CALENDARIO DE COBRO DO EXERCICIO 2021.
      En cumprimento do establecido no artigo 23 da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais da Deputación de Pontevedra, e no artigo 62.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, procede a aprobación do Calendario fiscal do contribuínte, que conterá o período voluntario de cobro dos tributos e doutros ingresos de dereito público de vencemento periódico correspondentes ao exercicio seguinte.
 
   Visto o informe emitido polo Tesoureiro da Deputación Provincial de Pontevedra onde se propón o Calendario Fiscal para o exercicio 2021.
  Atendendo ás competencias establecidas na Resolución de Presidencia núm. 24866 de data 27 de decembro de 2018 e na base 7 bis das de execución do orzamento desta Deputación para o exercicio 2020 e, de conformidade co establecido no artigo 62.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e en coherencia co regulado no artigo 23 da vixente Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación ORAL, no exercicio das facultades que lle confire a normativa local vixente,
 
R E S O LVO
UN: CALENDARIO DE COBRO.
 
PRIMEIRO: Aprobar a posta ao cobro durante o ano 2021 dos valores de notificación colectiva por padrón e cobro periódico por recibo, dos tributos e prezos públicos delegados dos seguintes concellos e entes:
1. IMPOSTOS: Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), Imposto sobre Actividades económicas (IAE) e Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM), dos concellos que se relacionan:
 
1.1. IBI: ARBO, BAIONA, BARRO, CALDAS DE REIS, CAMBADOS, CAMPO LAMEIRO, CANGAS, A CAÑIZA, CATOIRA, CERDEDO–COTOBADE, COVELO, CRECENTE, CUNTIS, DOZÓN, A ESTRADA, FORNELOS DE MONTES, AGOLADA, GONDOMAR, LALÍN, A LAMA, MEAÑO, MEIS, MOAÑA, MONDARIZ, MONDARIZ–BALNEARIO, MORAÑA, MOS, AS NEVES, NIGRÁN, OIA, PAZOS DE BORBÉN, POIO, PONTE CALDELAS, PONTEAREAS, PONTECESURES, O PORRIÑO, PORTAS, RODEIRO, O ROSAL, SALCEDA DE CASELAS, SALVATERRA DO MIÑO, SANXENXO, SILLEDA, SOUTOMAIOR, TOMIÑO, TUI, VALGA, VILA DE CRUCES, VILABOA E VILANOVA DE AROUSA.
1.2. IAE: ARBO, BAIONA, BARRO, CALDAS DE REIS, CAMBADOS, CAMPO LAMEIRO, CANGAS, A CAÑIZA, CATOIRA, CERDEDO–COTOBADE, COVELO, CRECENTE, CUNTIS, DOZÓN, A ESTRADA, AGOLADA, FORNELOS DE MONTES, GONDOMAR, LALÍN, A LAMA, MEAÑO, MEIS, MOAÑA, MONDARIZ, MONDARIZ–BALNEARIO, MORAÑA, MOS, AS NEVES, NIGRÁN, OIA, PAZOS DE BORBÉN, O PORRIÑO, PORTAS, POIO, PONTEAREAS, PONTE CALDELAS, PONTECESURES, RODEIRO, O ROSAL, SALCEDA DE CASELAS, SALVATERRA DE MIÑO, SANXENXO, SILLEDA, SOUTOMAIOR, TOMIÑO, TUI, VALGA, VILABOA, VILA DE CRUCES E VILANOVA DE AROUSA.
1.3. IVTM: ARBO, BAIONA, BARRO, CALDAS DE REIS, CAMBADOS, CAMPO LAMEIRO, A CAÑIZA, CATOIRA, CERDEDO–COTOBADE, COVELO, CRECENTE, CUNTIS, DOZÓN, A ESTRADA, FORNELOS DE MONTES, AGOLADA, GONDOMAR, LALÍN, A LAMA, MEAÑO, MEIS, MOAÑA, MONDARIZ, MONDARIZ–BALNEARIO, MORAÑA, AS NEVES, OIA, PAZOS DE BORBÉN, O PORRIÑO, PORTAS, POIO, PONTEAREAS, PONTE CALDELAS, PONTECESURES, RODEIRO, O ROSAL, SALCEDA
DE CASELAS, SALVATERRA DE MIÑO, SANXENXO, SILLEDA, SOUTOMAIOR, TOMIÑO, TUI, VALGA, VILABOA, VILA DE CRUCES E VILANOVA DE AROUSA.
2. TAXAS E PREZOS PÚBLICOS MUNICIPAIS DOS SEGUINTES CONCELLOS: ARBO, BAIONA, BARRO, CALDAS DE REIS, CAMBADOS, CAMPO LAMEIRO, A CAÑIZA, CATOIRA, CERDEDOCOTOBADE, COVELO, CRECENTE, CUNTIS, DOZÓN, A ESTRADA, FORNELOS DE MONTES, AGOLADA, GONDOMAR, LALÍN, A LAMA, MEAÑO, MEIS, MOAÑA, MONDARIZ, MONDARIZ-BALNEARIO, MORAÑA, AS NEVES, OIA, PAZOS DE BORBÉN, PORRIÑO, PORTAS, POIO, PONTEAREAS, PONTE CALDELAS, PONTECESURES, RODEIRO, O ROSAL, SALCEDA DE CASELAS, SALVATERRA DO MIÑO, SANXENXO, SILLEDA, SOUTOMAIOR, TOMIÑO, TUI, VALGA, VILABOA, VILA DE CRUCES, VILANOVA DE AROUSA, MANCOMUNIDADE DO MORRAZO.
SEGUNDO: Aprobar os seguintes períodos voluntarios de pago para o ano 2021 de acordo co seguinte calendario fiscal:
 
  Impostos    Data Inicio      Data Fin     Data de Cargo en Conta (1)       Data Cargo en Conta (2)
   I.V.T.M.      8 de abril         8 de xuño              7 de maio                                         --
                                                                                                                             1º prazo   /    2º prazo
   I.B.I.           28 de xullo     5 de novembro        1 de outubro           13 de agosto / 1 de outubro
   I.A.E.      3 de setembro  3 de novembro       3 de novembro                               --
Taxas e Prezos         
Públicos                   Data inicio                    Data Fin                    Data Cargo en Conta (1)
 
1º trimestre             8 de febreiro                   8 de abril                               5 de marzo
2º trimestre              6 de maio                        6 de xullo                              4 de xuño
3º trimestre              6 de agosto                     6 de outubro                       7 de setembro
4º trimestre              29 de outubro                 29 de decembro                2 de decembro

(1).- Data de cargo en conta para os recibos con orde de domiciliación bancaria (D.B.) polo importe total do recibo.
(2).- Data de cargo en conta para os recibos con orde de domiciliación bancaria (D.B.) en 2 prazos, cada un deles polo 50% do importe do recibo.
 
DOUS: NORMAS PARA A COBRANZA
Aprobar, de acordo coas normas establecidas pola recadación do ORAL, e difundir as seguintes normas para a cobranza en período voluntario dos tributos e prezos públicos delegados.
 
• FORMAS E LUGARES DE INGRESO:
• O ingreso poderá realizarse a través da Oficina Virtual Tributaria da Deputación
Pontevedra – ORAL (https://ovt.depo.gal).
• Na caixa de calquera das entidades colaboradoras (Abanca, BBVA, CaixaBank, Ibercaja Banco, Novo Banco, Sabadell, Santander e Unicaja Banco), tamén en caixeiro automático ou por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos).
• ENVÍO DE DOCUMENTOS DE INGRESO: Os documentos de ingreso dos recibos non domiciliados en entidades financeiras enviaranse por correo postal ordinario ao domicilio único de cada contribuínte. Este envío non ten carácter de notificación. A non recepción dos documentos de ingreso no domicilio do contribuínte non exime a este da súa obriga de pago.
Se algunha persoa contribuínte non recibe no seu domicilio algún dos documentos de ingreso que precisa, poderá obtelo a través da Oficina Virtual Tributaria (https:// ovt.depo.gal), chamando ao Centro de Atención Telefónica no 886 211 400 ou de xeito presencial cando sexa posible, e sempre con cita previa (886 211 420), en calquera das nosas oficinas.
• REFERENCIAS DE COBRO: Os documentos de ingreso inclúen dúas referencias de cobro con importes diferentes: A primeira é válida durante o período voluntario de pago que se indica no recibo. A segunda é válida a partir do día seguinte ao remate do período voluntario de pago, e o importe que ten asociado inclúe o principal da débeda e a recarga executiva do 5%. Pasada a data de caducidade da segunda referencia xa non se poderán utilizar estes documentos para realizar o ingreso da débeda, polo que deberán descargarse outros a través da Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.depo. gal), chamando ao Centro de Atención Telefónica no 886 211 400 ou de xeito presencial cando sexa posible, e sempre con cita previa (886 211 420) , en calquera das nosas oficinas.
• CARGOS DE DOMICILIACIÓNS: Os recibos que figuren correctamente domiciliados faranse chegar ás respectivas entidades financeiras para que sexan cargados nas contas dos seus clientes o día indicado para cada tributo no calendario fiscal.
• ADVERTENCIA LEGAL: O vencemento do prazo de ingreso en período voluntario sen que se teña satisfeita a débeda determinará o inicio do procedemento de prema e a esixencia da recarga e dos xuros de demora que en cada momento correspondan.
Tamén se liquidarán e esixirán ao debedor as custas regulamentarias orixinadas do dito procedemento
TRES: PLANS DE PAGO.
O Plan personalizado de pagos e o Plan especial IBI aplicaranse ás persoas que xa o teñen autorizado, conforme ao establecido nos artigos 79 e 18, respectivamente, da Ordenanza fiscal xeral do ORAL en vigor (https://www.depo.gal/taxas).
 
Pontevedra, 30 de decembro de 2020
A Directora de Servizos do ORAL.
Inmaculada Viña Carregal
  • Anuncio BOP nº 10,  de data 18 de xaneiro.
 
 
flecha Servicios destacados