inicio  Estás en:

anuncios

28/10/2021
icono apartado
Exposición pública e cobranza en voluntaria IAE exercicio 2021

Recadación
EXPOSICIÓN PÚBLICA E COBRANZA EN VOLUNTARIA DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS (IAE) EXERCICIO 2021
A N U N C I O
EXPOSICIÓN PÚBLICA DAS LISTAS COBRATORIAS DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS (IAE) EXERCICIO 2021 E A SÚA COBRANZA

De acordo co establecido no artigo 22 da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de tributos locais desta Deputación–ORAL e por Resolución de Tesourería de 25 de agosto de 2021, aprobáronse as listas cobratorias do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) polos concellos que se relacionan a continuación e que teñen delegada a xestión tributaria nesta Deputación:

AGOLADA, ARBO, BARRO, BAIONA, CALDAS DE REIS, CAMBADOS, CAMPO LAMEIRO, CANGAS, CAÑIZA (A), CATOIRA, CERDEDO–COTOBADE, COVELO, CRECENTE, CUNTIS, DOZÓN, ESTRADA (A), FORNELOS DE MONTES, GONDOMAR, LALÍN, LAMA (A), MEAÑO, MEIS, MOAÑA, MONDARIZ, MONDARIZ-BALNEARIO, MORAÑA, MOS, NEVES (AS), NIGRÁN, OIA, PAZOS DE BORBÉN, POIO, PONTEAREAS, PONTE-CALDELAS, PONTECESURES, PORRIÑO (O), PORTAS, RODEIRO, ROSAL (O), SALCEDA DE CASELAS, SALVATERRA DE MIÑO, SANXENXO, SILLEDA, SOUTOMAIOR, TOMIÑO, TUI, VALGA, VILABOA, VILA DE CRUCES, VILANOVA DE AROUSA

Por medio deste anuncio iníciase o trámite de información pública establecido no artigo 24 da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais da Deputación−ORAL.
Os citados rexistros conteñen información de carácter persoal amparados pola Lei de protección de datos, polo que cada persoa interesada poderá consultar exclusivamente e na súa integridade os rexistros relativos á súa débeda tributaria en cada un dos concellos respectivos e nas oficinas do ORAL durante o período de exposición ao público, que comprenderá desde o 03 de setembro ata o 02 de outubro de 2021, ambas datas incluídas.

Contra o acto de aprobación das listas cobratorias poderá presentarse recurso de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de finalización da exposición pública ante a Tesourería da Deputación Provincial de Pontevedra, previo ao contencioso-administrativo, de acordo co establecido no artigo 14.2 do Real decreto lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, do Texto refundido da Lei de facendas locais e demais disposicións vixentes na materia.

A exposición ao público deste anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003 xeral tributaria, e remitiráselles aos concellos incluídos para os efectos da súa inserción no taboleiro de edictos.
COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DO IMPOSTO SOBRE
ACTIVIDADES ECONÓMICAS (IAE) EXERCICIO 2021
 
De conformidade co previsto nos artigos 20, 24 e 25 da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais-ORAL, en relación co artigo 62.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria e cos artigos 23, 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, de 29 de xullo de 2005, comunícaselles ás persoas interesadas que o período voluntario de cobranza do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) 2021, para os concellos relacionados, se inicia o 03 de setembro e remata o 03 de novembro de 2021, ambas datas incluídas.

NORMAS DE COBRANZA
Formas e lugares de ingreso:
• A través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) da Deputación de Pontevedra–ORAL, https://ovt.depo.gal
• A través da aplicación de pagamentos da Deputación de Pontevedra (dispoñible para IOS e Android)
• Na caixa de calquera das entidades colaboradoras (ABANCA, BBVA, CaixaBank, Ibercaja Banco, Novo Banco, Sabadell, Santander e Unicaja Banco), e tamén nun caixeiro automático ou por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos)

Envío de documentos de ingreso: os documentos de ingreso dos recibos non domiciliados en entidades financeiras enviaranse por correo postal ordinario ao domicilio único de cada contribuínte. Este envío non ten carácter de notificación. A non recepción dos devanditos
documentos de ingreso no domicilio non exime da súa obriga de pagamento.
No caso de non recibir no seu domicilio algún dos documentos de ingreso que precisa, poderá obtelos a través da OVT (https://ovt.depo.gal), chamando ao centro de atención telefónica no 886 211 400 ou de xeito presencial cando sexa posible, e sempre con cita previa, en calquera das nosas oficinas.

Referencias de cobranza: os documentos de ingreso inclúen dúas referencias de cobramento con importes diferentes. A primeira é válida durante o período voluntario de pago que se indica no recibo. A segunda é válida a partir do día seguinte ao remate do período voluntario de pagamento, e o importe que ten asociado inclúe o principal da débeda e a recarga executiva do 5 %. Pasada a data de caducidade da segunda referencia xa non se poderán utilizar estes documentos para realizar o ingreso da débeda, polo que deberán descargarse outros a través da OVT (https://ovt.depo.gal), chamando ao centro de atención telefónica no 886 211 400 ou de xeito presencial cando sexa posible, e sempre con cita previa, en calquera das nosas oficinas.

Cargos de domiciliacións: os recibos que figuren correctamente domiciliados faranse chegar ás respectivas entidades financeiras para que sexan cargados nas contas correspondentes o día indicado no calendario fiscal para cada tributo.

Advertencia legal: o vencemento do prazo de ingreso en período voluntario sen que estea satisfeita a débeda determinará o inicio do procedemento de prema e a esixencia da recarga e dos xuros de demora que en cada momento correspondan. Tamén se liquidarán e se lle esixirán nese caso as custas regulamentarias orixinadas dese procedemento.

Oficinas de atención presencial: a atención ao público nas oficinas do ORAL farase exclusivamente a través do sistema de cita previa, que se solicita a través das seguintes canles:
• Web do ORAL: https://www.depo.gal/oral-xestion-tributaria-e-catastral
• OVT: https://ovt.depo.gal/ovt/
• Sede electrónica: https://sede.depo.gal/citaprevia/
Teléfono cita previa: 886 211 420
 
 
flecha Servicios destacados