inicio  Estás en:

noticias

16/01/2021
icono apartado
Alto risco Influenza Aviaria municipios ZER
foto
 A XUNTA COMUNICA ALTO RISCO FRONTE A INFLUENZA AVIARIA NOS MUNICIPIOS ZER. 
 
Nos ultimos meses detectouse un aumento significativo de casos de Influenza Aviaria de Alta Patoxeneidade en aves silvestres e aves de curral. Meaño atópase dentro desta ZER, polo que implementanse unha serie de medidas de protección nas zonas de especial risco según a Orde APA/5442/2006, 27  de xullo, pola que se establecen medidas específicas de protección en relación coa influenza aviaria. Lembramos que se trata dun tipo de virus que só causa enfermidade nas aves e, polo tanto, non é perigoso para a saúde das persoas.
Primeiro.- Quedan prohibidas a presenza de aves de curral ou outro tipo de aves cativas en centros de concentración de animais (certames gandeiros, mostras, exhibicións e celebracións culturais, así como calquera concentración de aves de curral e cautivas).
Segundo.- Queda prohibida a cría de aves de curral ao aire libre.
Terceira.- Queda prohibido a cría de parrulos e gansos con outras especies de aves de curral.
Cuarta.- Queda prohibido dar auga ás aves de curral procedente de depósitos de auga aos que podan acceder aves silvestres e en calquera caso, os depósitos de auga situados no exterior por motivos de benestar animal para determinadas aves de corral, quedarán protexidos suficientemente contra as aves acvuáticas silvestres. 
Quinta.- Queda prohibida a utilización de paxaros Anseriformes (gansos, ocas, cisnes...) e Charadriiformes (gaivotas e similares ) como reclamo.
Ademais dende a Consellería poñen a disposición dos municipios aos servizos veterinarios oficiais a través das Oficinas Comarcais para recadar información sobre esta situación de risco.
 
flecha Servicios destacados