noticias
14/04/2021

Exención no canon da auga e coeficiente de vertedura determinados sectores

Exención no Canon da Auga e Coeficiente de Vertedura para determinodos sectores a causa dos efectos do Covid-19
O concello de Meaño informa que o venres 29 de xaneiro de 2021 foi publicado no DOG a Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, entre outors aspectos unha nova exención no canon da auga e coeficiente de vertedura a paliar os efectos da covid-19 en determinados sectores:

- Establecementos de restauración: restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías e bares.
- Os seguintes estblecementos de lecer e entretenemento: salas de festas, discotecas, pubs, cafés espectáculo e furanchos.
- Hoteis e aloxamentos turísticos.
- Albergues turísticos.
No DOG número 34, de data 19 de febreiro de 2021, Augas de Galicia publica a resolución de 17 de febreiro de 2021 pola que se establece o modelo normalizado para a solicitude da exención no canon da auga e coeficiente de vertedura , código de procedemento AU231C. A exención debe tramitarse previa solicitude do interesado ante Augas de Galicia.