14/10/2024
CONCILIA-CENTRO SOCIAL POLIVALENTE
Este programa pretende axudar as familias con cargas familiares (maiores, discapacitados...) para que durante algunhas horas o día poidan deixar ós seus familiares no centro, e así poder compatibilizar a vida laboral coas cargas familiares.
O centro facilitará axuda na procura de mellorar a súa calidade de vida, estimulando a súas potencialidades e facilitando as relacións sociais, co fin de que poidan permanecer no seu entorno o maior tempo posible.
O programa tamén pretende ser un complemento ó Programa de Axuda no Fogar, para aquelas persoas que viven en soidade.
OBXECTIVOS
Potenciar as capacidades dos usuarios/as, na procura de mellorar a súa calidade de vida.
- Promover a convivencia, solidariedade e a axuda mutua entre os distintos colectivos.
- Axudar á integración na vida social e cultural dos colectivos mais desfavorecidos e desprotexidos.
- Aproveitar ó máximo os recursos dispoñibles.
- Complementar o programa de axuda no fogar e o de teleasistencia.
AS NOSAS INSTALACIÓNS
O centro de maiores conta cunhas instalacións adaptadas ás necesidades dos usuarios. Reformado actualmente, no exterior conta con accesos adaptados para as persoas con minusvalía, e unha zona axardinada pa esparcemente e no interior un amplo salón multiusos, con zonas diferenciadas para TV, lectura e tamén para traballos; un ximnasio, no que o fisioterapeuta, atende as necesidades de cada usuario, realiza un plan de traballo individualizado, e unha terapia preventiva e de mantemento; 2 cuartos de baño equipados e adaptados, para poder manexarse nel os usuarios con máis dificultades; unha cociña totalmente equipada para a súa utilización e un pequeno almacén. Tamén unha pequena biblioteca con periódicos, revistas de distinta temática, contos...
ACTIVIDADE DE XIMNASIA TERAPEUTICA: Lévase a cabo todos os días da semana polas tardes, en horario de 16:00-20:00 horas. O fisioterapeuta do Centro trabilla, individualmente, con cada persoa tratando as necesidades de cada caso, dentro do posible. Os obxectivos desta actividade son mellorar a mobilidade, reducir a dor, reequilibrio muscular, mellora do equilibrio...
PROGRAMA CONCILIA: De apoio ás familias para conciliar a vida laboral e as cargas familiares, para que durante algunhas horas o día poidan deixar os seus familiares no Centro. Algún dos obxetivos son mellorar a calidade de vida dos usuarios, facilitar as relacións sociais e axudar a que poidan permanecer no seu entorno o maior tempo posible. Realizan actividades de pintura, escritura, memoria, manualidades: plastilina, recortes; tamén xogos de estimulación visual, de sociedade, de mesa. Realizan pequenas saidas no entorno, así como celebración de festas como o magosto, entroido, final de curso...
ACTIVIDADES E PROGRAMAS QUE SE LEVAN A CABO
OBRADOIRO DE MEMORIA: Trata de mellorar as capacidades intelectuais e sentirse mellor con un mesmo. Busca que a xente maior, ademais de aproveitar o tempo de ocio, poidan conservar as habilidades que xa teñen e adquirir unhas novas. Atención, recoñecemento e aprendizaxe, relajación e xogos de mesa. “Pasar un bo rato, e traballar a mente é posible”.
ACTIVIDADE DE XIMNASIA TERAPEUTICA: Lévase a cabo todos os días da semana polas tardes, en horario de 16:00-20:00 horas. O fisioterapeuta do Centro trabilla, individualmente, con cada persoa tratando as necesidades de cada caso, dentro do posible. Os obxectivos desta actividade son mellorar a mobilidade, reducir a dor, reequilibrio muscular, mellora do equilibrio...
PROGRAMA CONCILIA: De apoio ás familias para conciliar a vida laboral e as cargas familiares, para que durante algunhas horas o día poidan deixar os seus familiares no Centro. Algún dos obxetivos son mellorar a calidade de vida dos usuarios, facilitar as relacións sociais e axudar a que poidan permanecer no seu entorno o maior tempo posible. Realizan actividades de pintura, escritura, memoria, manualidades: plastilina, recortes; tamén xogos de estimulación visual, de sociedade, de mesa. Realizan pequenas saidas no entorno, así como celebración de festas como o magosto, entroido, final de curso...
PERSOAL DO CENTRO
O Centro Social conta cunha serie de profesionais a disposición dos usuarios e das súas familias. Profesionais que aconsellan, apoian e axudan os usuarios para que o tempo que pasan no Centro sexa o máis proveitoso e divertido posible. Este son:
- A Coordinadora, que se encarga do correcto funcionamento do Centro.
- O Fisioterapeuta que leva a cabo a actividade da ximnasia terapeutica.
- A Psicóloga presta apoio psicolóxico tanto a ususarios como a familiares.
- As Auxiliares que se encargan de atender os usuarios e acompañalos nas actividades que se realizan.
- A Técnico de Animación Sociocultural, que realiza actividades educativas e de ocio.
O Transporte Asistencial no Concello de Meaño, foi un proxecto pioneiro na zona do Salnés a finais do ano 2007. A iniciativa púxose en marcha cun periodo de proba dun mes. Vista a boa acollida que tivo entre a población do Concello, decidiuse seguir apostando por este medio de transporte, que vai dirixido ás persoas maiores, con discapacidades e con dificultades de mobilidade para realizar as actividades da vida cotiá, como poden ser: facer a compra, ir ó médico, recoller menciñas na farmacia e outras xestións. Este servicio facilita a xestión de todas elas. Tamén para asistir ó Centro e ás actividades os usuarios que non teñen medio de transporte poden utilizalo.