inicio  Estás en:

anuncios

20/04/2024
icono apartado
Convocatoria para a contratacion laboral temporal
CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL.
 
A Xunta de Goberno Local, en sesión de data  4 de xullo  de 2017, aprobou as  Bases que regularán a convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal do seguinte persoal:
 
-Profesores a tempo parcial para a Escola Municipal de Música de Meaño: 1 música e movemento, 1 inicio linguaxe musical, 2 linguaxe musical, 1 piano, 1 coro, 1 banda, 1 guitarra, 1 clarinete, 1 saxofón, 1 trompeta, 1 bombardino/tuba, 1 percusión, 1 chelo, 1 oboe, 1 fagot, 1 frauta, 1 trombón e 1 trompa.
 
-1 Fisioterapeuta a tempo parcial Centro Social Polivalente
 
-3 coidadores/as a tempo parcial Aula de acollida e comedor escolar CEIP Coirón
 
-1 Monitor/a de actividades físicas a tempo parcial  para a impartición de actividades fisico-deportivas
 
-7 limpadores/as a tempo parcial para o CEIP As Covas e Coirón, Escola Infantíl de 0-3 anos, Pazo de Lis e pavillóns.
 
-1 Técnico/a e  1 Mestre/a en Educación Infantíl a xornada  completa/parcial segundo as necesidades do servizo para a Escola Infantíl de 0-3 anos.
 
Os/as interesados/as en participar nestes procesos selectivos poderán presentar as súas solicitudes no prazo de dez días hábiles a contar desde o seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
 
 As bases integras atópanse publicadas na páxina web do Concello de Meaño www.concellodemeano.com.
 
 
Meaño, 7 de xullo de 2017
            A alcaldesa
 
Asdo: Mª Lourdes Ucha Varela

 
 
 
flecha Servizos destacados