
anuncios
16/01/2021

Suplemento de crédito 3-2020 crédito extraordinario 2-2020.
ANUNCIO
PRESUSPOSTOS E CADRO DE PERSOAL
EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITOS 3/2020-CRÉDITO EXTRAORDINARIO 2/2020.
PRESUSPOSTOS E CADRO DE PERSOAL
EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITOS 3/2020-CRÉDITO EXTRAORDINARIO 2/2020.
Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria de data 18 de novembro de 2020, o expediente de modificación de créditos: suplemento de créditos 3/2020, créditos extraordinarios 2/2020, financiado con cargo ao remanente líquido de tesourería para gastos xerais. coa modificación do plan de investimentos; exponse ao público na secretaría-intervención e no Portal de transparencia habilitado na sede electrónica desta mesma plataforma no enderezo hhttps://concellodemeano.sedeelectronica.gal/transparency do Concello de Meaño, ó abeiro do artigo 177 en relación co artigo 169 do R.D.Lvo. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, mediante edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, na páxina web e no Taboleiro de Edictos do Concello por un período de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, para que os interesados poidan examina-lo expediente e presenta-las reclamacións ou suxerencias que estimen oportunas. O devandito expediente considerarase definitivamente aprobado de non presentarse reclamacións ao mesmo.
Meaño, o alcalde
Documento asinado e datado dixitalmente ao marxe
- Anuncio BOP nº 228, de data 25 de novembro de 2020.
- Anuncio BOP nº 247, de data 23 de decembro de 2020, elevar a definitivo o acordo.