inicio  Estás en:

anuncios

25/09/2021
icono apartado
Adquisición directo de terreo-s a título oneroso para senda fluvial e Área Recreativa, paraxe Faxín - en Ponte Dena (Dena). 
Constitúe o obxecto do contrato a adquisición dos terreos que de seguido se describen para destinala a Área recreativa.
 
Descrición dos inmobles:
 
Referencia catastral: 36027A013000550000MR
Localización: Paraxe  Faxín-Ponte Dena
Superficie medición:  2068 m2
Titular catastral: Divina Pastora Méndez Padín
Finalidade: Senda fluvial e área recreativa
 
Referencia catastral: 36027A013000540000MK
Localización: Paraxe Faxín-Ponte Dena
Superficie medición: 716 m2
Titular catastral: Hrdos de José M.ª Moldes García
Finalidade: Senda fluvial e área recreativa
 
            Os inmobles deberán estar libres de calquera carga ou gravame e ao corrente de pago de impostos reais sobre os mesmos.
           
            O contrato definido ten a cualificación de contrato privado tal e como establece o artigo 9.2 da Lei 9/72017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
 
CLÁUSULA SEGUNDA. Procedemento de selección e adxudicación.
 
            A adquisición terá lugar mediante adxudicación directa, ao abeiro do artigo 116.4 da Lei 33/2003, de 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas, no que a adxudicación recaerá no licitador xustificadamente elexido polo órgano de contratación; e iso en base das peculiaridades das necesidades a satisfacer e a  idoneidade do/s ben/s, nos termos sinalados no informe técnico pericial emitido polo arquitecto municipal e a memoria xustificativa da necesidade  e idoneidade da adquisición dos devanditos terreos. Desta forma, solicitarase oferta exclusivamente ás persoas propietarias dos bens cuxa adquisición se pretende.
 
 CLÁUSULA TERCEIRA. Orzamento base de licitación.
 
         O orzamento base de licitación entenderase como o límite máximo de gasto que en virtude do contrato pode comprometer o órgano de contratación.
O orzamento base de licitación ascende á contía máxima de 27.840,00 €, a razón de 10,00 €/m² .
 
TERREO PRINCIPAL
Referencia catastral: 36027A013000550000MR
Localización: Paraxe Faxín-Ponte Dena
Superficie medición:  2068 m2
Orzamento base licitación m²: 10,00 €
Orzamento base licitación parcela: 20.680,00 €
 
TERREOS ACCESORIOS
Referencia catastral: 36027A013000540000MK
Localización: Paraxe Faxín-Ponte Dena
Superficie medición:  716 m2
Orzamento base licitación m²: 10,00 €
Orzamento base licitación parcela: 7.160,00 €

 
 
flecha Servizos destacados