anuncios
30/03/2023

Calendario fiscal 2023
CALENDARIO FISCAL APROBADO PARA O EXERCICIO 2023
Asunto: Normas para a cobranza en período voluntario dos tributos e prezos públicos municipais.
calendario de cobro do exercicio 2023.
En cumprimento do establecido no artigo 23 da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais da Deputación de Pontevedra, e no artigo 62.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, procede a aprobación do Calendario fiscal do contribuínte, que conterá o período voluntario de cobro dos tributos e doutros ingresos de dereito público de vencemento periódico correspondentes ao exercicio seguinte.
Visto o informe emitido pola Tesourería da Deputación Provincial de Pontevedra onde se propón o Calendario Fiscal para o exercicio 2023.
Atendendo ás competencias establecidas na Resolución de Presidencia núm. 24866 de data 27 de decembro de 2018 e na base 7 bis das de execución do orzamento desta Deputación para o exercicio 2021 e, de conformidade co establecido no artigo 62.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e en coherencia co regulado no artigo 23 da vixente Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación ORAL, no exercicio das facultades que lle confire a normativa local vixente,
RESOLVO
UN: CALENDARIO DE COBRO.
PRIMEIRO: Aprobar a posta ao cobro durante o ano 2023 dos valores de notificación colectiva por padrón e cobro periódico por recibo, dos tributos e prezos públicos delegados dos seguintes concellos e entes:
1. IMPOSTOS: Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), Imposto sobre Actividades económicas (IAE) e Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM), dos concellos que se relacionan:
1.1. IBI: ARBO, BAIONA, BARRO, CALDAS DE REIS, CAMBADOS, CAMPO LAMEIRO,
CANGAS, A CAÑIZA, CATOIRA, CERDEDO–COTOBADE, COVELO, CRECENTE, CUNTIS, DOZÓN, A ESTRADA, FORNELOS DE MONTES, AGOLADA, GONDOMAR, LALÍN, A LAMA, MEAÑO, MEIS, MOAÑA, MONDARIZ, MONDARIZ–BALNEARIO, MORAÑA, MOS, AS NEVES, NIGRÁN, OIA, PAZOS DE BORBÉN, POIO, PONTE CALDELAS, PONTEAREAS, PONTECESURES, O PORRIÑO, PORTAS, RODEIRO, O ROSAL, SALCEDA DE CASELAS, SALVATERRA DO MIÑO, SANXENXO, SILLEDA, SOUTOMAIOR, TOMIÑO, TUI, VALGA, VILA DE CRUCES, VILABOA E VILANOVA DE AROUSA.
1.2. IAE: ARBO, BAIONA, BARRO, CALDAS DE REIS, CAMBADOS, CAMPO LAMEIRO, CANGAS, A CAÑIZA, CATOIRA, CERDEDO–COTOBADE, COVELO, CRECENTE, CUNTIS, DOZÓN, A ESTRADA, AGOLADA, FORNELOS DE MONTES, GONDOMAR, LALÍN, A LAMA, MEAÑO, MEIS, MOAÑA, MONDARIZ, MONDARIZ–BALNEARIO, MORAÑA, MOS, AS NEVES, NIGRÁN, OIA, PAZOS DE BORBÉN, O PORRIÑO, PORTAS, POIO, PONTEAREAS, PONTE CALDELAS, PONTECESURES, RODEIRO, O ROSAL, SALCEDA DE CASELAS, SALVATERRA DE MIÑO, SANXENXO, SILLEDA, SOUTOMAIOR, TOMIÑO, TUI, VALGA, VILABOA, VILA DE CRUCES E VILANOVA DE AROUSA.
1.3. IVTM: ARBO, BAIONA, BARRO, CALDAS DE REIS, CAMBADOS, CAMPO LAMEIRO, A CAÑIZA, CATOIRA, CERDEDO–COTOBADE, COVELO, CRECENTE, CUNTIS, DOZÓN, A ESTRADA, FORNELOS DE MONTES, AGOLADA, GONDOMAR, LALÍN, A LAMA, MEAÑO, MEIS, MOAÑA, MONDARIZ, MONDARIZ–BALNEARIO, MORAÑA, AS NEVES, OIA, PAZOS DE BORBÉN, O PORRIÑO, PORTAS, POIO, PONTEAREAS, PONTE CALDELAS, PONTECESURES, RODEIRO, O ROSAL, SALCEDA DE CASELAS, SALVATERRA DE MIÑO, SANXENXO, SILLEDA, SOUTOMAIOR, TOMIÑO, TUI, VALGA, VILABOA, VILA DE CRUCES E VILANOVA DE AROUSA.
2. TAXAS E PREZOS PÚBLICOS MUNICIPAIS DOS SEGUINTES CONCELLOS: ARBO, BAIONA, BARRO, CALDAS DE REIS, CAMBADOS, CAMPO LAMEIRO, A CAÑIZA, CATOIRA, CERDEDO-COTOBADE, COVELO, CRECENTE, CUNTIS, DOZÓN, A ESTRADA, FORNELOS DE MONTES, AGOLADA, GONDOMAR, LALÍN, A LAMA, MEAÑO, MEIS, MOAÑA, MONDARIZ, MONDARIZ-BALNEARIO, MORAÑA, AS NEVES, OIA, PAZOS DE BORBÉN, O PORRIÑO, PORTAS, POIO, PONTEAREAS, PONTE CALDELAS, PONTECESURES, RODEIRO, O ROSAL, SALCEDA DE CASELAS, SALVATERRA DO MIÑO, SANXENXO, SILLEDA, SOUTOMAIOR, TOMIÑO, TUI, VALGA, VILABOA, VILA DE CRUCES, VILANOVA DE AROUSA, MANCOMUNIDADE DO MORRAZO.
SEGUNDO: Aprobar os seguintes períodos voluntarios de pago para o ano 2023 de acordo
co seguinte calendario fiscal:
(2)
Impostos Período Data Inicio Data Fin Data Cargo en Conta (1) Data Cargo en Conta (2)
I.V.T.M. -- 20 de abril 20 de xuño 5 de maio --
I.A.E. -- 1 de setembro 3 de novembro 3 de novembro --
I.B.I. -- 28 de xullo 7 de novembro 3 de outubro 1º prazo 2º prazo
14 de agosto 3 de outubro
Procedementos simplificados de valoración colectiva (art. 77.4 TRLRFL)
1º 1 de xuño 1 de agosto -- --
2º 2 de outubro 30 de novembro -- --
Taxas e Prezos Públicos Data Inicio Data Fin Data Cargo en Conta (1)
1º trimestre 3 de febreiro 3 de abril 3 de marzo
2º trimestre 5 de maio 5 de xullo 5 de xuño
3º trimestre 4 de agosto 4 de outubro 4 de setembro
4º trimestre 27 de outubro 29 de decembro 1 de decembro
(1).- Data de cargo en conta para os recibos con orde de domiciliación bancaria (D.B.) polo importe total do recibo.
(2).- Data de cargo en conta para os recibos con orde de domiciliación bancaria (D.B.) en 2 prazos, cada un deles polo 50% do importe do recibo.
DOUS: NORMAS PARA A COBRANZA
Aprobar, de acordo coas normas establecidas pola recadación do ORAL, e difundir as seguintes normas para a cobranza en período voluntario dos tributos e prezos públicos delegados.
FORMAS E LUGARES DE INGRESO:
• O ingreso poderá realizarse a través da Oficina Virtual Tributaria da Deputación Pontevedra – ORAL (https://ovt.depo.gal).
• Na caixa de calquera das entidades colaboradoras (Abanca, BBVA, CaixaBank, Ibercaja Banco, Novo Banco, Sabadell e Unicaja Banco), tamén en caixeiro automático, por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos) e mediante xiro postal
ENVÍO DE DOCUMENTOS DE INGRESO:
Os documentos de ingreso dos recibos non domiciliados en entidades financeiras enviaranse por correo postal ordinario ao domicilio único de cada contribuínte. Este envío non ten carácter de notificación. A non recepción dos documentos de ingreso no domicilio do contribuínte non exime a este da súa obriga de pago.
Se algunha persoa contribuínte non recibe no seu domicilio algún dos documentos de ingreso que precisa, poderá obtelo a través da Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.depo.gal), chamando ao Centro de Atención Telefónica do ORAL nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420 ou de xeito presencial cando sexa posible, e sempre con cita previa, en calquera das nosas oficinas.
REFERENCIAS DE COBRO:
Os documentos de ingreso inclúen dúas referencias de cobro con importes diferentes: A primeira é válida durante o período voluntario de pago que se indica no recibo. A segunda é válida a partir do día seguinte ao remate do período voluntario de pago, e o importe que ten asociado inclúe o principal da débeda e a recarga executiva do 5%. Pasada a data de caducidade da segunda referencia xa non se poderán utilizar estes documentos para realizar o ingreso da débeda, polo que deberán descargarse outros a través da Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.depo.gal), chamando ao Centro de Atención Telefónica do ORAL nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420 ou de xeito presencial cando sexa posible, e sempre con cita previa, en calquera das nosas oficinas.
CARGOS DE DOMICILIACIÓNS:
Os recibos que figuren correctamente domiciliados faranse chegar ás respectivas entidades
financeiras para que sexan cargados nas contas dos seus clientes o día indicado para cada tributo no calendario fiscal.
ADVERTENCIA LEGAL:
O vencemento do prazo de ingreso en período voluntario sen que se teña satisfeita a débeda
determinará o inicio do procedemento de prema e a esixencia da recarga e dos xuros de demora que en cada momento correspondan. Tamén se liquidarán e esixirán ao debedor as custas regulamentarias orixinadas do dito procedemento
TRES: PLANS DE PAGO.
O Plan personalizado de pagos e o Plan especial IBI aplicaranse ás persoas que xa o teñen autorizado, conforme ao establecido nos artigos 79 e 18, respectivamente, da Ordenanza fiscal xeral do ORAL en vigor (https://www.depo.gal/taxas).
A Directora de Servizos do ORAL.
(Asinado dixitalmente ao marxe).

- Anuncio BOP nº 14, de data 20 de xaneiro de 2023.