inicio  Estás en:

anuncios

08/09/2024
icono apartado
Emprazamento para persoarse no recurso contencioso - administrativo - P.A.235-2023
                                                           ANUNCIO
OUTROS DOCUMENTOS, NOTIFICACIÓNS E INFORMACIÓNS PÚBLICAS
EMPRAZAMENTO PARA PERSOARSE NO RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO (PROCEDEMENTO ABREVIADO 235/2023), INTERPOSTO POR ALIMENTACIÓN SALUDABLE GALLEGA, S.L.U.
           
            En relación co asunto de referecnia, a Alcaldía, con data 12-01-2024, N.º 2024-0031, dictou a  seguinte:
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
ASUNTO: RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO (PROCEDEMENTO ABREVIADO 235/2023), INTERPOSTO POR ALIMENTACIÓN SALUDABLE GALLEGA, S.L.U., CONTRA O ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE DATA 08-05-2023, DE RECLAMACIÓN DE CANTIDADE.
EXPEDIENTE: 39/2024
 
Antecedentes.
            Con data de rexistro de entrada no Concello de Meaño 25/09/2023, nº 2023-E-RC-4237 ten entrada neste Concello o oficio e decreto remito polo Xulgado do Contencioso-administrativo nº 3 de Pontevedra, en relación co recurso contencioso-administrativo interposto por   Alimentación Saludable Gallega, S.L.U., contra o acordo da Xunta de Goberno Local de data 08-05-2023, de reclamación de cantidade.
 
Fundamentos xurídicos
1. Ao abeiro do artigo 21.1.k) da  Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, correspóndelle á Alcaldía  a defensa do Concello nas materia da súa competencia, incluso cando as houbera delegado en outro órgano.
 
2. Segundo determina o artigo 49 da  Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contenciosa-Administrativa, a resolución pola que se acorde remitir o expediente notificarase nos cinco días seguintes a súa adopción, a cantos aparezan como interesados nel, emprazándos para que poidan persoarse como demandados no prazo de nove días.
 
3. A Administración comunicará ao Tribunal, ao remitirlle o expediente administrativo si ten coñecemento da existencia doutros recursos contencioso-administrativo nos que poidan concorrer os supostos de acumulación, segundo se sinala no artigo 38   Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contenciosa-Administrativa.
 
5. Pola súa parte, segundo determina o artigo 50 deste texto legal o emprazamento da Administración entenderase efectuado pola reclamación do expediente e as Administracións públicas entenderanse persoadas polo envio do expediente. O expediente, segundo determina o artigo 48, deberá ser remitido no prazo imporrogable de vinte días, a contar desde que a comunicación xudicial teña entrada no rexistro xeral do órgano requirido.
 
          A  vista do que antecede, esta Alcaldía en uso das facultades que lle atribúe o artigo 21.1k) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e dando cumprimento aos artigos 48 e 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa; RESOLVE:
            1º.- Tomar razón do  Recurso contencioso-administrativo (Procedemento abreviado 235/2023), interposto por Alimentación Saludable Gallega, S.L.U. contra o acordo da Xunta de Goberno Local de data 08-05-2023, de reclamación de cantidade.
            2º.- Remitir o expediente administrativo requirido e obxecto do Recurso contencioso-administrativo (Procedemento abreviado 235/2023) ao Xulgado do Contencioso-administrativo nº 3 de Pontevedra.
            3º.- Comparecer e persoarse en autos e encomendarlle a representación deste proceso a calquera dos procuradores dos que figuran no apoderamento outorgado pola Alcaldía de Meaño ante o Notario de Cambados D. José Ángel Dopico Álvarez, con data 11 de maio de 2007 ou ante o Notario de Sanxenxo  D. Jorge Eduardo da Cunha Rivas, con data 6 de maio de 2010  e o asesoramento e a defensa ao letrado ao avogado D. Martín Serantes Álvarez.
            4º.- Publicar a presente Resolución para os efectos do emprazamento previsto no artigo 49 da  Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contenciosa-Administrativa, e  as persoas  interesadas neste procedemento poidan persoarse como demandados no prazo de nove días.
            Manda o Sr. alcalde D. Carlos Vieitez Fenández e asina coa Sra. secretaria-interventora Dª M.ª Teresa Escudero Barral, que  da fe.”
 
De conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, polo presente emprázase ás persoas interesadas para que poidan persoarse no procedemento sinalado, ante o órgano que se refire, no prazo de nove días contados a partires do seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia.
 
O alcalde Carlos  Vieitez Fenández
 
Documento asinado e datado dixitalmente ao marxe
 
flecha Servizos destacados