Atención ó cidadán
Enderezo: Casa do Concello, rúa Campo da Feira, Nº 1, Meaño
Tel.: 986 747 102 Fax: 986 747 391
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.
É a canle máis directa para que os cidadáns poidan acceder ao coñecemento dos seus dereitos e obrigas e a utilización dos bens e servizos públicos. Entre as súas funcións atópanse:
- Orientación e información: ofrece aclaracións e axudas de índole práctica sobre procedementos, requisitos ou documentación para os proxectos ou solicitudes que se propoña realizar un cidadán ou para acceder ao disfrute dun servizo público ou beneficiarse dunha prestación.
- Entrega de instancias e auxilio na súa cumprimentación sobre a realización da maior parte dos trámites municipais: licenzas, denuncias, informacións urbanísticas, pago de tributos municipais, certificados de datos persoais dos que dispoña o Concello.
- Asiste aos cidadáns en relación co dereito de petición recoñecido polos artigos 29 e 77 da Constitución.
- Recibe e tramita as queixas, reclamacións, suxestións e iniciativas dos cidadáns.
- Xestión de información administrativa municipal.
Asemade na súas dependencias poderá consultar os boletíns oficiais (BOE, DOGA e BOP do ano en curso), a normativa local e a cartografía municipal.