| Descrición | Alteración dos bens inmobles de orde xurídico que se producen como consecuencia da constitución de concesións administrativas sobre os bens inmobles e sobre os servizos públicos aos que están afectados; da constitución de dereitos reais de usufructo e de superficie e da transmisión da propiedade dos inmobles. |
|---|
| Documentación necesaria | - Solicitude de declaración de alteración de titular catastral de bens inmobles de natureza urbana confeccionado polo Concello, podendo presentarse tamén no modelo 901 da Dirección Xeral de Catastro nos supostos en que os interesados se personen con este impreso debidamente cumprimentado e asinado.
- Fotocopias do Documento Nacional de Identidade e se non é posible, etiquetas de identificación fiscal, fotocopia do Número de Identificación Fiscal (NIF) ou do número de Identificación de Extranxeiros (N.I.E.) de quen ostente a condición de titular, adquirente ou no seu caso, transmitente dos bens innobles.
- Referencia Catastral do Inmoble ou no seu caso fotocopia do último recibo ou xustificante de pago do Imposto sobre Bens Inmobles satisfeito sobre o inmoble obxecto de transmisión ou alteración.
- Fotocopia do documento que orixine a alteración, xa sexa escritura pública ou outros.
|
|---|
| Notas para o cidadán | Normativa municipal: - Real Decreto Lexislativo 1/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do catastro inmobiliario.
- Convenio de colaboración entre a Dirección xeral do Catastro e o Concello de Meaño en materia de xestión catastral.
- Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais.
- Lei 30/92 de 26 de novembro, do réxime xurídico e procedemento administrativo común.
- Lei 57/2003 de 16 de decembro de Medidas de modernización do goberno local.
- Acordo de Delegación de competencias da Xunta de Goberno local de data 15 de novembro do 2004.
|
|---|