Rota dos Muíños

Calendario do contribuínte

Casa do Concello, rúa Campo da Feira, Nº 1, Meaño
Tel.: 986 747 102   Fax: 986 747 391
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9 a 14 horas.

Imposto de actividades económicas (IAE)

  • Pagamento de recibos: 20 de setembro /20 de novembro. (Notificación colectiva).
  • Prazo de pagamento para altas:

No primeiro ano as taxas calcularanse proporcionalmente ao número de trimestres naturais que resten para finalizar o ano, incluído o de comezo do exercicio da actividade.

Taxa pola entrada de vehículos e por reserva de vía para aparcamento exclusivo

  • Pagamento de recibos: 5 de maio/5 de xullo (Notificación colectiva).
  • Prazo de pagamento para altas:

Realizarase unha autoliquidación no momento da solicitude na Caixa de Racadación ou nas entidades bancarias autorizadas.O pagamento realizarase durante o período que sinale o correspondente documento de cobro.

Taxa pola ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras con finalidade lucrativa
Prazos de pagamento para altas:
Realizarase unha autoliquidación no momento da solicitude na Caixa de Racadación ou nas entidades bancarias autorizadas.O pagamento realizarase durante o período que sinale o correspondente documento de cobro.
Pagamento de recibos: 5 de maio/5 de xullo (Notificación colectiva).

Nas autorizacións de temporada o período impositivo é do 1 de marzo ao 31 de outubro. O pagamento realizarase nos mesmos prazos que nas anuais.

Imposto sobre o incremento de valor de terreos de natureza urbana (Plusvalías)

Pagamento de recibos:

Transmisións inter-vivos: Nos trinta días hábiles seguintes á transmisión da propiedade.
Transmisicións mortis-causa: Seis meses a contar dende a data de falecemento do causante, podendo solicitar prórroga doutros 6 meses

Imposto sobre bens inmobles

  • Pagamento de recibos: 20 de setembro/20 de novembro (notificación colectiva)
  • Prazos de pagamento para altas: Liquidacións notificadas entre os días 1 e 15 páganse ata o 20 do mes seguinte ou, se éste non fora hábil, ata o inmediato hábil seguinte ; as realizadas entre o 16 e o último día do mes, ata o día 5 do segundo mes posterior.

Imposto de vehículos de tracción mecánica

  • Pagamento de recibos: 5 de marzo / 5 de maio (notificación colectiva)
  • Prazos de pagamento para altas:

Realizarase unha autoliquidación no momento da solicitude na Caixa de Racadación ou nas entidades bancarias autorizadas. O pagamento realizarase durante o período que sinale o correspondente documento de cobro.

Pago dos tributos e outros ingresos de dereito público

  • Lugar de pagamento: Durante os períodos de pagamento voluntario o obrigado tributario pode elixir entre:
  • Acudir á caixa de recadación municipal (rúa Presidente Salvador Allende, 4-baixo). Debe presentar o recibo correspondente.
  • Entidades colaboradoras na recadación municipal (figuran especificadas nos impresos de autoliquidación). Os ingresos faranse en contas restrinxidas denominadas: Concello de Meaño, conta restrinxida de colaboración na recadación de ingresos por recibo ou unha recadación executiva, segundo sexa o caso.
  • A través dos caixeiros das entidades colaboradoras que dispoñan deste servizo.

As solicitudes de domiciliación ou de traslado a outro banco ou caixa deberán facerse dous meses antes do comezo do período de recadación voluntaria.

  • Cobro en executiva: Se os contribuíntes obrigados non pagan as débedas en período voluntario, o seu cobro entra na vía executiva. Neste período prodúcense o recargo de constrinximento e os xuros de mora así como a execución do patrimonio do debedor. Seguindo o procedemento establecido na lexislación vixente, se o debedor non formalizara o ingreso requirido ditarase providencia de embargo dos seus bens e dereitos en cantidade suficiente para cubrir o importe da débeda (crédito, recargo, xuros e custos).
  • Entidades colaboradoras: Caixa Galicia, Banco Pastor, Banco Gallego, BBVA, Banesto, Banco Central-Hispano, Caixa Nova, La Caixa.