Rota dos Muíños

Os cruceiros

Cruces de pedra

Os cruceiros, unha das máis características e orixinaies manifestacións da arquitectura popular galega, son cruces de pedra que aparecen, normalmente, nas encrucilladas para protección dos camiñantes, nos atrios das igrexas ou nas entradas a camposantos. Tamén poden aparecer en espacios relacionados con crenzas pagás, que son santificados coa presencia do propio cruceiro. A orixe desta manifestación artística popular é incerta aínda que algúns estudos datan a súa presencia ó menos dende o S. XII.

O máxico e o divino mistúranse na orixe e na historia destas emblemáticas esculturas pétreas que eran construidas por mestres artesás, sobre todo con carácter devocional, aínda que tamién é frecuente unha ofrenda ou un rogo como motivación. Na actualidade séguense a esculpir cruceiros, anque a súa simboloxía se está a perder en certo xeito, respondendo máis a unha función puramente decorativa.

Nos cruceiros atópanse varias partes diferenciadas: a plataforma sobre a que se ergue, o fuste e a cruz. A plataforma está composta normalmente por una escalinata, aínda que ás veces pode ser unha pedra do propio terreo e un pedestal no que se apoia a base do fuste. O pedestal pode ser liso ou conter distintas inscripcións.

O fuste adopta formas distintas, segundo a súa planta (cadrada, circular, octogonal...) e segundo sexa liso ou tallado, normalmente con figuracións de santos ou alusivas á morte ou ó pecado orixinal. Nalgún caso, coincidindo có arranque do fuste, aparece un peto de ánimas ou un altar. Na parte superior, a xunta do fuste coa cruz pode ser directo ou a través dun capitel tallado con variados motivos

  • Parroquia de Cobas (C. de Aldea de Abaixo, C. do Adro)
  • Parroquia de Dena (C. da Igrexa [cemiterio], C. da Igrexa [adro], C. de Morouzos)
  • Parroquia de Lores (C. da Igrexa)
  • Parroquia de Cobas (Parroquia de Meaño)
  • Parroquia de Padrenda (C. da Bouza [cruceiro torto], C. da Igrexa, C. da Baiuca
  • Parroquia de Dena (C. da Igrexa)
  • Parroquia de Xil (C. do Adro)

Cruceiro da Igrexa de Meaño Cruz do cruceiro de Vilariño, en Simes. É un cruceiro moi antigo, bastante erosionado polo paso dos anos. Detalle do fuste con imaxes talladas. Parroquia de Lores