23 de Abril - Día do Libro
O día 23 de abril, con motivo da celebración do día do libro teremos a actuación do grupo Berrobambam que representarán "Un conto que nin pintado" na Casa de Cultura de Meaño.
Faráse entrega dos Premios do Concurso de Contos Curtos e de debuxo infantil.
Concurso de Contos Curtos Primaria e Debuxos Infantil e Día do Libro (23 de Abril)
Concurso de Contos Curtos Primaria
O Excmo. Concello de Meaño, a través das Concellerías de Cultura e Xuventude convoca o IV concurso de Contos Curtos "A Solidaridade e a Integración".
Bases
- Ó concurso poderan presentarse rapaces do Concello de 6 a 14 anos. O Conto será inédito, en lingua galega e non premiado con anterioridade.
- Os contos serán incluídos nas seguintes categorías, divididas nos seguintes tramos de idade:
1ª categoría 6-8 anos.
2ª categoría 9-11 anos.
3ª categoría 12-14 anos.
- O conto deberá entregarse nunha folla A4, non superando as 20 liñas e deberán ir asinados polo reverso aparecendo os datos do autor: nome, apelidos e teléfono.
- O conto terá como base "A Solidariedade e a Integración".
- Os traballos presentaranse no Rexistro do Concello de Meaño ou na Biblioteca Municipal ata o 17 de abril de 2006.
- Establecerase un único premio por categoría:
1º Premio (1ª categoría): Vale compra por valor de 36€.
1º Premio (2ª categoría): Vale compra por valor de 36€.
1º Premio (3ª categoría): Vale compra por valor de 36€.
- O xurado estará composto por persoal do Concello pertencente ó departamento de cultura.
- A entrega dos premios e a lectura pública dos premiados farase o 23 de abril coincidindo co día do libro.
- Para más información dirixirse á O.M.I.X. do Concello de Meaño, teléfono 986 747102 / 986 747585, no e-mail meanoxuventude@teleline.es. Ou na Biblioteca Municipal Telf: 986 748916.
Concurso de Debuxos Infantil
- Ó concurso poderán presentarse os nenos matriculados nos centros educativos do Concello nos cursos de infantil.
- O debuxo deberá entregarse en cartulina tamaño folio ou maior, e deberá ir asinada polo reverso aparecendo os datos dos autores: curso e centro educativo.
- Os traballos presentaranse no Rexistro do Concello ou na Biblioteca Municipal ata o 17 de abril.
- Establecerase dous premios, que serán vales regalo por valor de 25€ cada un.
- O Xurado estará formado por persoal do Concello, pertencente ó Departamento de Cultura.
- A entrega dos premios e a exposición pública dos traballos presentados e premiados farase o 23 de abril coincidindo co día.
- Para máis información á O.M.I.X. do Concello de Meaño, teléfono 986 747102/ 986 747585, no e-mail meanoxuventude@teleline.es . Ou na Biblioteca Municipal Telf: 986 748916.