Mes de Maio - Mes das Letras
Actuacións centro social - Dena
- Martes 1 de maio Fin de actividades xuvenil, actuacións de Baile de Salón, Danza do Ventre e Aeróbic.
- Domingo 6 de maio actuación de Títeres Os Barballocas coa obra "Os Salvadores da Lingua"; ás 19:00 horas no Centro Social de Dena.
- Domingo 13 de maio actuación de Maxia a cargo de Benxamín; ás 19:00 horas no Centro Social de Dena.
Concurso Literario con Motivo das Letras Galegas
- Destinatarios: Alumno/as de Infantil e Primaria dos CEIP do Concello de Meaño.
- Lugar e prazo de presentación: Nas oficinas do Concello ata o día 4 de maio.
- O Xurado estará formado pola Comisión de Asuntos Sociais.
- Bases para os Alumnos/as de Infantil:
- Os traballos consistirán na ilustración dun conto. Tema libre.
- Realizaránse en cartulina.
- Poderán ser colectivos ou individuais.
- Premios: 1º premio vale compra 70€, 2º premio vale compra 60€ e 3º premio vale compra 50€.
- Daráselle un premio fixo ó colexio por cada traballo de 30€ ata un máximo de 150€.
- Bases para os Alumnos/as de Primaria:
- Os traballos serán individuais e consistirán na redacción de contos curtos inéditos.
- Terán un máximo de dous folios escritos a máquina a dobre espacio.
- Premios, haberá dous premios para cada unha das dúas Categorías: I (1º,2º,3º); II (4º,5º,6º) en vale compra por un valor de: 1ºpremio: 50€; 2º premio 40€. Daráselle un premio fixo ó colexio por cada traballo de 30€, ata un máximo de 300€.
- Bases para os Alumnos/as do IES:
- Alumnos/as do I.E.S. de Meaño.
- Os traballos serán individuais e consistirán na redacción de contos curtos inéditos.
- Terán un máximo de dous folios escritos a máquina a dobre espacio.
- Premios en vale compra por un valor de: 1º premio: 60€; 2º premio: 50€ e 3º premio 40€.
- Daráselle un premio fixo ó colexio por cada traballo de 30€, ata un máximo de 300€.
Representacións
- Martes 15 de maio ás 10:00 horas, actuación do grupo de teatro Buratini coa interpretación da obra: "contos para todo o ano", destinado ós rapaces de Infantil e 1º ciclo de primaria do CEIP Dena, CEIP Meaño e EII de Xil, no Salón de Actos do CEIP Dena.
- Martes 15 de maio ás 12:00 horas actuación do Grupo de teatro Buratini coa interpretación da obra: "Palabras de Caramelo", destinado ós alumnos do 2º e 3º ciclo de primaria do CEIP As Covas e do CEIP Dena.
- Mércores día 16 de maio ás 16:00 horas, actuación do Grupo Nove Dous, coa interpretación da obra: "crimes anónimos", destinado ós alumnos do IES no Centro Social de Dena.
17 de Maio - Día das Letras Galegas
- Homenaxe ó/á escritor/a a quen se lle adique o día.
- Actuación do Grupo Talía Teatro coa obra "Quero Ser Grande".
- Entrega de premios do concurso das Letras Galegas.
