Rota dos Muíños

Xestión económica

Casa do Concello, rúa Campo da Feira, Nº 1, Meaño
Tel.: 986 747 102   Fax: 986 747 391
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9 a 14 horas.

Facenda

A delegación encargada de xestionar a facenda pública municipal está a vivir neste tempo un período de reorganización no que afecta, fundamentalmente, á relación que se establece entre a mesma e a cidadanía.

Búscase, non só achegar a xestión tributaria municipal e os servizos ao cidadán senón tamén levar a cabo un uso máis racional dos recursos tributarios que recada a institución local. Aproximar ao cidadán os trámites relacionados co pago de impostos locais e o mellor aproveitamento dos bens xerados a partir da tributación cidadá é o obxectivo clave.

Orzamentos

Ten atribuídas as competencias de redacción do proxecto de orzamento xeral, que logo lle remite ao Pleno da Corporación para a súa aprobación, enmenda ou devolución. Así mesmo, compételle a redacción de propostas de aprobación de operacións de crédito e de tesouraría, así como a emisión e amortización de empréstitos e doutras operacións de xestión do endebedamento municipal. Este mesmo departamento encárgase da formalización das operacións de crédito e de planificación da execución orzamentaria e financeira mediante os instrumentos contemplados na Lei de Facendas Locais, entre outras cuestións.