Entre outras actividades, puxéronse en marcha varios servicios a ofertar ós distintos colectivos interesados.
Servicio de asesoramento a emprendedores:
Ten como finalidade informar e asesorar a todas aquelas persoas que decidan por en marcha iniciativas empresariais ou queiran estudiar as posibilidades que ofrece o autoemprego. Este servicios ten, ademais, como obxectivo facilitar a tódalas persoas interesadas en crear a súa propia empresa toda a información sobre fórmulas xurídicas, elaboracións de plans de viabilidade, búsqueda de financiamento, información e axuda na tramitación de subvencións.
Este procedemento aplícase a todo-los emprendedores que se achegan ata o concello na búsqueda de asesoramento para a súa idea de negocio ou ó seu proxecto empresarial.
Servicio de asesoramento a empresarios e agrupacións socioeconómicas:
Asesoramento e axuda a empresarios na tramitación de subvencions á contratación de traballadores ou na búsqueda de financiamento para proxectos de mellora na empresa.
Información e axuda a agrupacións socioeconómicas na búsqueda de subvencións para proxectos de desenvolvemento.
Programas de formación e información:
INFORMACIÓN XERAL:


