O Concello de Meaño conta cun importante patrimonio artístico relixioso, destacando as igrexas parroquiais de Santa María de Simes e a de San Xoán Bautista de Meaño, dúas magníficas mostras do románico rural galego, así como a Capela de San Bieito de Lores, en torno á cal se celebra unha romaría que congrega miles de peregrinos cada ano, e o Peto de Animas de Vilariño.


