Rota dos Muíños

Igrexa Parroquial de Santa Cristina de Cobas

San Bieito de Palermo

Localizada na parte máis alta da aldea, fóra do núcleo que forman as vivendas, rodeada de fragas e cultivos. A igrexa é de planta rectangular, cunha soa nave e a capela maior tamén de planta rectangular e con bóveda de canón. A fachada é sinxela e a porta alintelada.

Acolle no seu interior unha das imáxes máis veneradas no concello, a de San Bieito de Palermo (o santo negro), festividade que se celebra o martes despois da Pascua.

Cruceiro da igrexa de Cobas.

Fronte á Igrexa, no atrio, sitúase un cruceiro de gran beleza, ricamente tallado. Destacan as figuras do fuste que representan a escea bíblica do Pecado Orixinal.