Rota dos Muíños

Licenza de apertura de actividades

Descrición Este tipo de licenza implica a autorización municipal para a instalación de establecementos, industrias ou almacéns cualificados como molestos, insalubres, nocivos ou perigosos, ou para as non clasificadas.
Documentación necesaria A documentación que hai que achegar é a seguinte:

  1. Cando se trate dunha actividade incursa no regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas e/ou no regulamento xeral de Policía, espectáculos públicos e actividades recreativas:
    1. Proxecto técnico por duplicado, redactado por facultativo competente e debidamente visado polo respectivo Colexio Profesional que conterá, cando menos, a seguinte documentación
      1. Memoria descritiva e xustificativa da actividade a desenvolver.
      2. Memoria construtiva e de cálculo que xustifique a expresión do grao de eficacia e garantías de seguridade da actividade
      3. Planos de plantas, alzados e seccións, instalacións e de medidas correctoras e de protección que procedan.
      4. Planos de situación do local.
      5. Plano de situación do local en relación coa planta do edificio no que se reflicta o acceso dende a rúa.
      6. Orzamento detallado por partidas e prezos unitarios das obras e instalacións proxectadas para o desenvolvemento da actividade
    2. Escritura de constitución no caso de tratarse de persoas xurídicas
    3. Xustificante acreditativo do pago das taxas.
    4. Licenza de construción do mesmo.
    5. No caso de que sexa necesario facer obras de construción ou de acondicionamento do local solicitarase a pertinente licenza (de obras maiores ou de obras de acondicionamento) así como, de ser o caso, licenza de colocación de rótulo ou toldo.
    6. Fotografías do estado actual da fachada e do interior do local
  2. Cando se trate dunha actividade inocua:
    1. Proxecto da actividade e instalacións do local.
    2. Escritura de constitución no caso de tratarse de presoas xurídicas.
    3. Xustificante acreditativo do pago das taxas.
    4. Licenza de construción ou acondicionamento.
  3. Documentación a achegar no caso de cambio de titularidade na actividade:
    1. Solicitarase o cambio de titularidade da licenza de apertura cando cambie o titular do dito establecemento e sempre que o local se axuste ao autorizado no seu día e a actividade que se desenvolva será a autorizada de acordo co artigo 13 do Regulamento de Servizos das Corporacións Locais.
    2. Copia da licenza de apertura ou da licenza de funcionamento da actividade
    3. Copia de documento xustificativo do cambio de titularidade (contrato de compravenda ou arrendamento do local).
    4. Xustificante acreditativo do pago das taxas
Notas para o cidadán  
Información sobre o custo A taxa pola licenza que resulte segundo o establecido na Ordenanza fiscal.

Débese pagar na data de presentación da solicitude.
Solicítase Servizos Administratvios
Enderezo: Casa do Concello, rúa Campo da Feira, Nº 1, Meaño
Tel.: 986 747 102
Fax: 986 747 391
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9 a 14 horas.