Rota dos Muíños

Informacións urbanísticas

Descrición A información urbanística é o informe por escrito que expide o Concello, por pedimento do interesado, sobre o réxime urbanístico aplicable a un predio, unidade de actuación ou sector. É recomendable pedila antes de adquirir un predio ou presentar un proxecto de obra para solicitar licenza urbanística.
Documentación necesaria A documentación que hai que achegar é a seguinte:
  • Solicitude
  • Fotocopia do documento de identidade do solicitante. No caso de actuar en representación, fotocopia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita deste último ou copia de poder para representalo.
  • Plano de situación da cartografía municipal (escala 1:1000 en zona urbana e escala 1:5000 no resto), marcando o contorno da parcela ou casa.
  • Fotos, no caso de: Edificios ou parcelas na zona monumental
    Edificios ou parcelas suxeitas a protección
    Parcelas nas que existan edificacións
  • Fotocopia da licenza de edificación, ou de ser o caso, xustificación da antigüidade desta, se a información solicitada se refire a actuacións en edificacións, ou a posibles actividades a desenvolver nelas.
  • Pagamento da taxa correspondente (Oficina de Atención ao contribuínte: R/ Salvador Allende, 4, baixo)
Notas para o cidadán A solicitude debe presentarse en modelo normalizado.

A INFORMACIÓN URBANÍSTICA NON TEN CARÁCTER VENCELLANTE.