Rota dos Muíños

Licenza de obra maior

Descrición Este tipo de licenza implica a autorización municipal para a realización de actos de edificación ou uso de solo, como por exemplo:

  • Obras de nova planta (construción de edificacións: edificios, naves ou vivendas)
  • Ampliación de edificacións ou instalacións de todas as clases existentes.
  • Modificacións ou reforma de edificacións existentes que supoñan rehabilitación, reconstrución ou reestruturación.
  • Modificación do aspecto exterior de edificios ou instalación de todas as clases existentes.
  • Modificación da disposición interior de edificios se afectan ás súas instalacións xerais.
  • Derruba de construcións...
Documentación necesaria Documentación que hai que achegar coa solicitude de obra maior:

Con carácter xeral (consultar os casos de derrubas e naves)

  1. Solicitude
  2. Fotocopia do documento de identidade do solicitante. No caso de actuar en representación, fotocopia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita deste último ou copia de poder para representalo.
  3. Certificación do sinalamento de liñas e rasantes ou solicitude simultánea
  4. Plano de situación da cartografía municipal (escala 1:1000 en zona urbana e escala 1:5000 no resto), marcando a parcela ou casa.
  5. 2 copias do proxecto técnico visado, no que se incluirá (agás derrubas), xustificante do redactor do proxecto sobre as condicións de habitabilidade.
  6. 1 copia proxecto técnico de seguridade e saúde no traballo se o presuposto da obra excede de 600.000 euros.
  7. En edificacións colectivas presentarase Proxecto de Infraestrutura Común de Telecomunicacións asinado e visado por técnico competente.
  8. Ficha técnica asinada por interesado e o técnico autor do proxecto, sinalando expresamente a ordenanza ou ordenanzas nas que se sitúa a parcela.
  9. Oficios de dirección de obra.
  10. Cuestionarios de estatística de edificacións.
  11. Fotos da parcela, ou edificación existente, de ser o caso.
  12. Nos casos de ampliación, copia da licenza anterior.
  13. Certificado catastral, plano e título de concentración parcelaria ou nota simple do Rexistro da Propiedade que acredite a superficie mínima de parcela (en ordenanzas 5, 6, 8, 10, 11, 12, 13, 14 e 18)
  14. Para obras reguladas polas ordenanzas 14 a 18, solicitude de trámite polo artigo 41 da Lei 9/2002 de Ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. (Circular informativa 2/2003 de 31 de xullo, sobre o réxime de autorizacións en solo rústico da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda)
  15. De ser o caso, solicitude de acometida de servizos.

    A) No caso de derrubas non é preciso o 3, 6, 10, 11, 12 e 13 pero deberá presentarse o 16.
  16. Xustificación das medidas a adoptar para non afectar á seguridade pública.

    B) No caso de construción de naves achegará ademais o 17 e 18.
  17. Plano parcelario
  18. Copia da licenza de apertura ou solicitude simultánea. De ser o caso, xustificación de que non ten uso definido.
No caso de existir edificacións no emprazamento que se pretende para obras novas, deberá solicitase a derruba destas se é preciso.

Se existe parcelación ou segregación, deberá solicitarse a oportuna licenza, previa ou simultaneamente con esta, no correspondente impreso

Nas obras que se proxecten nos solos de núcleo rural deberá presentarse compromiso de conexión aos servizos urbanísticos existentes no núcleo.
Notas para o cidadán A solicitude debe presentarse en modelo normalizado
Información sobre o custo
  • TAXA POLA LICENZA: 2,5% do custo real e efectivo da obra.
  • ICO: 2% do custo de execución material da construción, instalación ou obra.
  • Carteis de propaganda na vía pública: 30,05 euros por m2 ou fracción da superficie.
  • TAXA POLA EXPEDICIÓN DE DOCUMENTO: pola tramitación de licenzas de obras de edificación o 1/1000 do importe do proxecto cun mínimo, en calquera caso, de 3,70 euros.
    Estas cantidades deben pagarse previamente a presentar a solicitude e acompañar a esta o xustificante de pago.