| Descrición | Este tipo de licenza implica a autorización municipal para a realización de obras que supoñan: - Reforma de locais e vivendas, sempre que non supoñan cambios na súa estrutura ou fachada.
- Instalación de rótulos, toldos, marquesiñas, valos publicitarios, guindastres.
- Peches de parcela
- Corta de masas arbóreas
- Movementos de terra
- Parcelacións, segregacións e agrupacións urbanísticas. Modelo diferente.
|
|---|
| Documentación necesaria | Documentación que deben achegar as solicitudes de licencia para obras menores e outras actuacións urbanísticas, segundo o tipo de solicitude:
En todos os casos:
- Plano de situación da cartografía municipal (escala 1:1000 en zona urbana e 1:5000 no resto), marcando a parcela.
O plano pode recollerse na Oficina de Atención ao Cidadán ou na oficina de Delineación municipal (Urbanismo). - Fotocopia do documento de identidade do solicitante. No caso de actuar en representación, fotocopia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita deste último ou copia de poder para representalo.
A) CERRUMES DE PARCELAS - Deseño acoutado da parcela no que se sinale o cerrume
- Deseño acoutado do cerrume
- Descrición do cerrume e orzamento detallado.
- Plano e ficha catastral, nota simple do Rexistro da Propiedade ou plano da Concentración Parcelaria.
B) OBRAS INTERIORES, TELLADOS, FACHADAS, ETC. - Memoria descritiva e orzamento detallado por partidas, das obras e instalacións
- Fotos da fachada e outras, se proceden.
- Copia da licenza de edificación.
- No ámbito da cidade histórica, planos do estado actual e reformado
Se as obras afectan parcialmente a instalacións: - Certificado visado dos instaladores oficiais
Se nas obras se prevén novas instalacións ou substitucións completas ou se afectan a elementos estruturais ou resistentes da edificación: - Proxecto asinado por un técnico competente e visado.
Se as obras afectan a elementos resistentes da cuberta: - Proxecto dun técnico competente e compromiso de dirección das obras, visados.
C) TOLDOS, RÓTULOS, MARQUESIÑAS - Deseño acoutado, descrición do rótulo, marquesiña ou toldo e orzamento da instalación, detallando a distancia desde a rasante da beirarrúa ao extremo inferior. Indicación do saínte do rótulo, toldo ou marquesiña e do ancho da beirarrúa.
- Copia da licenza de apertura da actividade.
- Fotografía da fachada da edificación.
- Os toldos e marquesiñas só son autorizables en actuacións conxuntas, de proxecto unitario ou con compromiso de execución por todos os propietarios dos locais.
D) ACONDICIONAMENTO DOS LOCAIS
- Memoria descritiva e orzamento detallado, achegando, cando menos, planta, alzado e sección a escala 1:50 (ver o establecido no punto B para obras interiores, tellados e fachadas), que lle será de aplicación de ser o caso)
- Fotos do exterior e do interior do local.
- Licenza de apertura ou solicitude simultánea á que se achegará a documentación correspondente.
- Copia da licenza da edificación na que se atopa o local.
E) GUINDASTRES
- Copia da licenza municipal das obras a executar.
- Plano de situación do guindastre, no que se represente a área de varrido da pluma, asinado polo arquitecto autor do proxecto ou director das obras. (Con carácter xeral o carro que colga do gancho do guindastre non excederá da área do soar da obra).
- Póliza de seguros, con cobertura total de calquera accidente que poida producir o funcionamento do guindastre e a súa estadía na obra.
- Certificado do bo funcionamento e seguridade do guindastre expedido polo técnico competente e de acordo coas disposicións legais vixentes.
F) CORTA DE MASAS ARBÓREAS
- Deseño da parcela situando a zona onde se van cortar as árbores e descrición das especies, e acordo co artigo 151.9 do Plan xeral.
G) CONSTRUCIÓN DE ALPENDRES
- Copia compulsada do documento que acredite a titularidade e a superficie da parcela.
- Copia da licenza da edificación principal, se existe.
- Proxecto técnico competente visado.
- Plano e/ou ficha catastral, nota simple do Rexistro da Propiedade ou Plano da Concentración Parcelaria.
H) VALOS PUBLICITARIOS EN ZONA URBANA (en zonas non urbanas están prohibidos pola Lei de estradas)
- Memoria descritiva e orzamento total da instalación que se pretende.
- Fotografía en cor da localización.
- Autorización escrita do propietario da parcela coa súa identificación e titularidade.
- Copia da póliza de seguros que se asine para este efecto.
|
|---|