Rota dos Muíños

Licenza de primeira ocupación

Descrición Este tipo de licenza implica a autorización municipal para a primeira utilización ou para o cambio de uso dos edificios , no termo municipal de Meaño.
Documentación necesaria

A documentación que hai que achegar é a seguinte:

  1. Os interesados en obter a licencia de primeira utilización ou cambio de uso, presentarán a correspondente solicitude, no modelo oficial que subministrará o propio Concello, dirixida ó Sr. Alcalde- Presidente, e na que constará:
    1. Nome e apelidos do interesado, D.N.I., e domicilio a efectos de notificacións. No caso de actuar en nome ou representación doutra persoa física ou xurídica, datos do representado.
    2. Referencia dos feitos que motivan a solicitude, concretando coa maior claridade os datos do edificio construido ou modificado, circunstancias, situación, finalidade, uso e cantos outros se coide oportuno subministrar.
    3. Lugar, data e firma do solicitante
    4. Todos aqueles outros datos requeridos no impreso de solicitude.
  2. Os solicitantes deberán engadir ás suas solicitudes os seguintes documentos:
    1. Fotocopia da licencia de obra outorgada no seu día.
    2. Certificacións de finalización de obra, instalacións e, no seu caso, de urbanización, emitidas polos directores das mesmas, e visadas polos colexios profesionais correspondentes.
    3. Xustificante de ter solicitada a alta no imposto de bens de natureza urbana.
    4. Xustificante do aboo das taxas municipais correspondentes.
    5. Proxecto reformado, se fose o caso.
    6. Xustificante de estar ó corrente no IAE, do contratista principal e das posibles empresas subcontratantes que teñan intervido nas obras.
  3. Para o caso de vivendas de protección oficial, o promotor deberá aportar, asimesmo, a cédula de calificación definitiva.
Información sobre o custo 0.5% do presuposto do proxecto ou do calculo de revisión ou do calculo de revisión efectuado polo técnico municipal.
Tramítase Servizos Administrativos
Enderezo: Casa do Concello, rúa Campo da Feira, Nº 1, Meaño
Tel.: 986 747 102
Fax: 986 747 391
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9 a 14 horas.