| Documentación necesaria |
A documentación que hai que achegar é a seguinte: (copias ou orixinais)
- Solicitude.
- Fotocopia do documento de identidade do solicitante. No caso de actuar en representación, fotocopia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita deste último ou copia de poder para representalo.
- Plano de situación da cartografía municipal a escala 1:2000
- Plano da fachada do inmoble con delimitación expresa da entrada solicitada a escala 1:50
- Plano de planta e número de prazas existentes por andar.
- Fotografía da fachada do inmoble
- Licenza de obra e primeira ocupación cando nela conste expresamente a zona ou reserva para aparcadoiro.
- Licenza de habilitación do local para garaxe (cando requira obra) ou de modificación de uso
- Licenza de apertura, cando nela conste expresamente a zona de aparcadoiro ou se teña outorgada para actividades de reparación, venda, alugamento, exposición, lavado, engraxamento ou inspección de vehículos ou cando se trate de estacións de servizo.
- Xustificación do cumprimento da NBE CPI no local adicado a garaxe.
- (Non será necesaria a presentación daqueles documentos que foran expedidos por este Concello, sempre que o interesado o faga constar e facilite os datos necesarios para localizalos e verificar a súa existencia).
|