Rota dos Muíños

Declaración de ruína

Descrición Supón o recoñecemento de que unha edificación ten deficiencias ou danos que fan que non se atope en condicións de seguridade, salubridade ou ornato público e que estas non poden restablecerse por medios técnicos normais, son antieconómicas ou atentan contra a normativa urbanística, de tal xeito que se aconsella a súa derruba.
Documentación necesaria A documentación que hai que achegar é a seguinte:
  • Solicitude.
  • Fotocopia do documento de identidade do solicitante. No caso de actuar en representación, fotocopia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita deste último ou copia de poder para representalo.
  • Informe pericial onde consten os motivos nos que se basea a declaración de ruína.
  • Reportaxe fotográfica do estado do inmoble.
  • Relación de moradores ou inquilinos.
  • Acreditación da propiedade.
Notas para o cidadán Pode ser declarada de oficio ou a instancia do interesado.