Rota dos Muíños

Celebración de matrimonios civís

Descrición Trámite para a celebración de vodas civís no Concello de Meaño
Dirixido a Persoas que desexen celebrar matrimonio civil no Concello de Meaño
Requerimentos
  1. Tramitar a solicitude no Rexistro Civil que corresponda ao lugar de empadroamento dalgún dos contraentes. No Rexistro Civil indicaranlles a documentación que deben aportar para iniciar a tramitación.
  2. Solicitar data de voda no Concello de Meaño, aportando os seguintes documentos:>
  3. Expediente tramitado no Rexistro Civil correspondente e unha vez sexa autorizado polo Xuíz.
  4. Fotocopia dos DNI das persoas que actúen como testemuñas
Notas para o cidadón
  1. Permitirase a colocación de adornos florais e actuacións musicais no Salón, sempre que non causen danos, por conta dos interesados.
    Dende o inicio e durante a cerimonia poderán realizarse reportaxes fotográficas ou gravacións de vídeo.
    A duración da cerimonia é de aproximadamente 15 y 20 minutos.
  2. Durante o tempo da cerimonia unicamente os vehículos dos contraentes (2) terán reservado un espazo de aparcamento preto da Casa Consistorial, no lugar que lle indique o persoal do Concello.
  3. A celebración farase en galego ou castelán, segundo elección dos contraentes.
  4. Celebrado o matrimonio, o Concello de Meaño remitirá o acta de matrimonio ao Rexistro Civil de Meaño para a súa inscrición, o cal expedirá o correspondente Libro de Familia.
Tramítase  Servizos administrativos
Enderezo: Casa do Concello, calle Campo da Feira Nº 1, Meaño
Tel.: 986747102
Fax: 986747391
Horario: De lunes a viernes (excepto festivos), de 9 a 14 horas.