Rota dos Muíños

Os muiños

Símbolo da Galicia rural

En Galicia os muiños, xunto cos hórreos, representaron durante séculos as máis importantes construccións para a economía rural e familiar. Nos hórreos gardábase o gran que logo, nos muiños, convertíase na fariña coa que se cocía o pan.

A meirande parte dos muiños de Meaño son de auga e se sitúan na beira do cauce do Río da Chanca. Neles tradicionalmente moíase millo, centeo, trigo e avea. Ó pasares o auga por debaixo do muiño este move as súas aspas, que son as que fan que xire a pedra encargada de moer.

O seu funcionamento, de forma simplificada, é o seguinte: nunha pipa de madeira en forma de cono truncado, coa parte máis estreita cara abaixo, bótase o gran que pouco a pouco vai caendo na pedra. Esta pedra, de forma circular, ten un burato no medio e outra pedra de igual forma e tamaño debaixo. Ó moverense as aspas fan que se movan as pedras, co que se vai moiendo o gran convertíndose en fariña.

Os muiños podían pertencer a unha soa persoa, a varias ou seren comunais (a estes en Meaño tamén se les chamaba “de partilla”). Cando eran comunais cada veciño podía moer o seu gran, para iso disponíanse uns horarios e turnos, chegando a moer as 24 horas do día. Cada un era responsable do muiño durante o seu turno. Se o muiño era dun particular, este moía o seu gran e o de aqueles veciños que llo encargaran, a quen ou ben lles cobraba cartos ou ben quedaba cunha parte do gran moido.

Son moitos os muiños que aínda existen no Concello, aínda que algúns, ó deixaren de utilizarse, foron desaparecendo. Entre o bó número que se manteñen en pé aínda podemos atopar muiños en funcionamento. Os restantes están en proceso de rehabilitación.

Son tres as parroquias do concello que gozan do privilexio de teren unha grande cantidade de muiños de auga: Simes, Lores e Dena.