Rota dos Muíños

O municipio de meaño

No corazón do Salnés

Enclavado en pleno corazón do Salnés, rodeado polos concellos de Ribadumia, Poio, Sanxenxo e Cambados, e aberto na súa parte baixa ó mar de Arousa, o Concello de Meaño combina como poucos a beleza natural da súa paisaxe coas imáxes máis emblemáticas da Galicia rural.

Os seus 28 km2 de extensión albergan unha poboación de 5.479 habitantes, distribuidos en pequenos núcleos que configuran as sete parroquias que forman o concello: Covas, Padrenda, Xil, Meaño, Simes, Lores e Dena, esta última é a máis densamente poboada, e a única en contacto co mar.

SituaciónVal do Salnés
Poboación5.479 hab.
Extensión28 Km2
Límites- Norte: Concello de Ribadumia
- Sur: Concello de Sanxenxo
- Este: Concellos de Meis e Poio
- Oeste: Concellos de Sanxenxo e Cambados e a Ría de Arousa
ParroquiasCobas, Dena, Lores, Meaño, Padrenda, Simes e Xil
ComunicaciónsVía Rápida 4.1,Estrada Comarcal de Vilagarcía - O Grove e o enlace desta con Sanxenxo, estrada Noalla - Caldas e outras estradas locais.

O Río da Chanca e o seu entornoMuiño na parroquia de LoresPaisaxe da parroquia de LoresVista da parroquia de Simes