Límites: Parroquia de Meaño ó Norte, o Concello de Sanxenxo ó Sur, Simes ó Este e Dena e Nantes (Sanxenxo) ó Oeste.
Nas terras da Parroquia de Lores combínanse zonas chás con outras máis montañosas, rexistrando a súa máxima altitude no monte de Chan de Lores (271m), dende o cal divisamos magníficas panorámicas do val e a Ría de Arousa ó fondo. Nas súas fértiles terras, bañadas polo Río da Chanca, atopamos viñas, hortas e pequenas zonas boscosas.
Un dos maiores atractivos desta parroquia está no Santuario de San Bieito, noutros tempos señorío pertencente a Paio Gómez Chariño. O culto a este Santo en Lores aparece xa documentado no século XVI.
Dende entón, cada ano miles de romeiros dos arredores acoden ó santuario para formularen as súas peticións ou rendiren as súas ofrendas ó Santo milagreiro na súa festividade que ten lugar o 21 de marzo e o 11 de xullo.
Asimesmo compre destacar a igrexa parroquial de San Miguel, outro dos claros expoñentes do románico rural meañés, ademáis dos antigos muiños de auga que salpican as beiras do río, mantendo algún deles a súa actividade na actualidade.


