Rota dos Muíños

San Martiño de Padrenda

Límites: Sisán ó Norte, Xil ó Sur, Covas ó Este e Castrelo (Cambados) ó Oeste.

Situada a 4,5 km da capital do concello, coa que se comunica a través dunha estrada local, a súas terras, bañadas polo regato Francón, son chás, salpicadas por pequenas e suaves colinas.

Os viñedos de uva albariña, alguns de gran extensión, caracterizan a paisaxe desta parroquia. Os últimos días de setembro e primeiros de outubro, paseando polos seus camiños, podemos contemplar as labores da vendimia.

Nos seus cotos practícase a caza de lebres, coellos, perdices e codornices.

En Padrenda atopamos unha das pezas máis emblemáticas da arquitectura civil meañesa, o Pazo de Zárate, dos séculos XVI e XVIII, que recorda o pasado fidalgo da Galicia Rural, así como algúns dos antigos muiños de farina que salpican o concello e que forman parte dunha rota de senderismo, recomendable para veciños e visitantes.

Zona de entrada ó atrio da igrexa de PadrendaCruceiro da igrexaPazo de ZárateGrandes extensións de viñas configuran a paisaxe característica desta parroquia