Rota dos Muíños

Santa María de Simes

Limites: parroquia de Meaño ó Norte, Lores ó Sur, Armenteira (Meis) e Samieira (Poio) ó Este e Lores ó Oeste.

Simes enclávase na parte baixa dunha das laderas que descenden do Castrove, a 2,6 Km da Capital do Concello, coa que se comunica a través de una estrada local. Terra adoptiva da poetisa Erminia Fariña onde esta residiu durante años, Simes destaca pola súa paisaxe que ofrece algúns recunchos únicos cunha belleza en consonancia con algunhas pezas artísticas de gran valía. Entre elas, destaca o románico puro que respira a Igrexa de Santa María, que rememora tempos e personaxes históricas tan importantes como Doña Urraca ou o rey Alfonso VII, ámbolos dous protectores de dita ermita.

Pero tamén os antigos muiños de augua e os cruceiros (destacando os de Vilariño e Asís), amén do Peto de Ánimas de Vilariño, son pezas a ter en conta nesta parroquia. A festividade de San Blas, que se celebra cada 3 de febreiro, é a de maior tradición na parroquia, e a que achega un maior número de devotos da comarca.Os seus principais accidentes xeográficos son o Río da Chanca e os montes de “Fonte do Cazador” (385 m), “Outeiro da Calle” (361m) e Montemaior (232m. As suas terras son fértiles e magníficas para a caza de perdices, codornices, lebres e coellos.

Igrexa de Santa María de SimesHórreo entre viñedosPanorámica do valPeto de ánimas de Vilariño