Límites: Padrenda, e Covas ó Norte, Meaño ó Sur, Armenteira ó Este e Castrelo (Cambados) e Dena ó Oeste.
A Parroquia de Xil combina zonas chaas, con ricas e fértiles terras de cultivo bañadas polo regato Fondón, e zonas montañosas nos montes Caldeiriños e Fontefría (369 m), este último magnífico miradoiro natural.
En canto ó seu patrimonio etnográfico, destaca a Capela das Angustias, unha piedade que celebra a súa festividade o terceiro domingo de setiembro e a Igrexa parroquial de Santa Eulalia de Xil, situada sobre un promontorio, a carón da estrada.
En Xil tamén podemos atopar unha ampla mostra de cruceiros e hórreos que salpican a súa fermosa paisaxe rural.


