Rota dos Muíños

Patrimonio de Meaño

Beleza por descubrir

O Concello de Meaño ten reflectida nas súas pedras a historia que forxou ó longo dos séculos.

O seu patrimonio artístico é tan abundante como descoñecido. A mais dos seus numerosos cruceiros, hórreos e muiños, algúns recentemente restaurados, podemos comprobar o señorío dos seus pazos, como o de Lis, na parroquia de Meaño, ou o de Zárate, en Padrenda, ou a beleza das súas igrexas e capelas, entre as que destacan a de Santa María de Simes e o templo románico de San Xoán de Meaño.

Asimesmo compre destacar a fermosura paisaxística que se observa no que se podería chamar a Rota das Capelas, visitando a da Virxe das Angustias (Xil), a de San Amaro (Meaño), e a de San Bieito (Lores).

Na imaxe de arriba un dos máis de 70 muiños que existen en Meaño e, na imagen inferior o Peto de Ánimas de Vilariño, unha fermosa mostra da arte relixiosa da Galicia rural.

Consulte o amplo patrimonio cultural de Meaño

Igrexas Muíños
Cruceiros Lavadoiros
Pazos Hórreos