Rota dos Muíños

Pazos e casas solariegas

Arquitectura señorial

Nunhas terras fidalgas por excelencia como son as do Salnés, é difícil percorrer as súas parroquias e lugares sen atopar algún exemplo de construccións tan suntuosas como son os pazos.

O Pazo dos Zárate, en Padrenda e O Pazo Barroco de Lis, en Meaño, son dúas magníficas mostras da arquitectura civil galega. Tamén atopamos en Meaño o Pazo de Ríos, na parroquia de Dena, actualmente en mal estado de conservación.

Entre as casas solariegas destaca a Casa dos Calviño.



Pazo dos Zárate, en Padrenda

Unha das pezas máis emblemáticas da arquitectura civil meañesa. Data do s. XVI e foi reconstruido no XVIII. Aínda que posúe características propias dunha casa noble, o balcón e o patín achégana á arquitectura popular. Os seus muros son de sillería e destcan na súa fachada dous escudos, un deles moderno, así como a bela escaleira de acceso.

Casa solariega dos Calviño

Situada en Meaño, saíndo cara Simes, a Casa dos Calviño atópase ó lado da estrada, rodeada d un amplo terreo e un belo xardín arborizado. Consta de baixo e dous pisos. É un edificio restaurado e ampliado no que destacan en fachada os amplos balcóns e un escudo.

Pazo dos Zárate, en Padrenda Entrada da Casa Solariega dos Calviño, en Meaño Casa solariega dos Calviño Casa solariega dos Calviño