Persoal. Xestión de recursos humanos
Casa do Concello, rúa Campo da Feira, Nº 1, Meaño
Tel.: 986 747 102 Fax: 986 747 391
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9 a 14 horas.
Neste departamento o cidadán pode obter información sobre calquera aspecto relacionado cos seguintes temas:
- Convocatorias do Concello de prazas de persoal funcionario ou laboral e das súas bases.
- Contido da oferta pública de emprego deste municipio.
- Selección de persoal: interino, contratado laboral temporal, elaboración de listas de espera para substitucións e baremos aplicables.
- Datas de publicación e prazos de presentación de instancias para a cobertura das prazas.