Para poder ser usuario, os requisitos básicos son:
→ Ser maior de 65 anos.
→ Padecer algún tipo de discapacidade debidamente xustificada.
Os interesados só teñen que pasar polos Servizos Sociais do Concello e cumprimentar unha solicitude, para poder engadir o seu nome ó listado de usuarios da conductora do transporte.
Para usar o transporte só teñen que chamar por teléfono o día antes ó teléfono que vai na tarxeta e darlo seu nome, apelidos e domicilio, para que pasen a recollelos.
Dende calquera parroquia a Meaño.
Horario: 1º viaxe: saída 08:15, regreso 10:30.
2º viaxe: saída 11:30, regreso 13:00.
Dende calquera parroquia a Dena.
Horario: saída 08:15, regreso 10:30.
Dispoñen de transporte de luns a venres.
Horario: recollida 15:00, regreso ás 20:00.
Haberá transporte asistencial para as actividades de Memoria, Ximnasia Terapeutica e Ioga. Consultar horarios nos Servizos Sociais.


