Rota dos Muíños

Apoio á familia

    Documentación:

    Para as novas solicitudes:  DNI da persoa solicitante e da parella ou conxuxe, fotocopia do libro de familia, certificado de convivencia, fotocopia da cartilla de aforros ou certificación bancaria, copia do auto xudicial de adopción (se é o caso), resolución xudicial de constitución da tutela (se é o caso) copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio (se é o caso).

    Para as renovacións de anos anteriores:  Cubrir o impreso de solicitude.

            ¿Qué é?

             E un servizo municipal de prevención e apoio ás familias para favorecer o cumprimento das vosas necesidades, o benestar e a plena participación na comunidade.

            ¿Quen somos?

             Somos educadoras/es familiares especializadas/os no traballo con familias que formamos parte do equipo de servizos sociais do teu Concello.

            ¿A quen vai dirixido?

    • A todas as familias
    • A centros educativos, centros de saúde, outros servizos comunitarios...

            ¿Qué facemos?

    • Orientamos e apoiamos ás familias: Na educación dos vosos fillos/as, sobre como poñer límite e normas, como mellorar as relacións familiares, como resolver conflictos, sobre recursos educativos e de apoio para a conciliación da vida laboral e familiar, etc.
    • Mediamos e acompañamos ás familias para que participen nos diferentes recursos do Concello.
    • Realizamos actividades grupais coas familias tratando temas como: Promoción de hábitos saudables, habilidades sociais e comunicativas, educación afectiva e emocional, gozo do tempo libre en familias, educación en igualdade, etc.

            ¿Onde estamos?

             Concello de Meaño - Servizos sociais.

             Ana Alonso. Responsable do PEF.

    • Programa educador na rúa:
      • Actividade de motivización ó estudio.
      • Obradoiros de sexualidade e drogodependencias ós alumnos.
    • Título de familia numerosa, novas solicitudes e renovacións.
    • Trámite das deduccións por maternidade e comunicación de nacemento de fillo.