Rota dos Muíños

Trámites e rexistros

Pódese acceder á información sobre xestións relacionadas coa administración mediante unha clasificación por servizos dependentes de cada departamento municipal. Contribúese así a axilizar o proceso de tramitación de expedientes ao dispór dos requirimentos, da documentación que debe achegar, dos prazos, da información sobre taxas ou mesmo a posibilidade de presentar recursos contra a resolución inicial, entre outros.

Trámites municipais

A organización administrativa do Concello de Meaño está composta por diversos departamentos, servizos, unidades e axencias que se ocupan da xestión e prestación dos servizos municipais dirixidos aos cidadáns e cidadás e tamém daqueles outros que permiten o funcionamento da propia administración local.

A maiores, existe unha serie de organismos autónomos e empresas municipais, mixtas ou que se ocupan en réxime de concesión da prestación de servizos municipais básicos como o abastecemento de auga, a recollida do lixo, o transporte ou a promoción turística da cidade.