A Comarca do Salnés, unha das principaies zonas turísticas de Galicia, está situada nas Rías Baixas, ca Ría de Arousa polo norte e a de Pontevedra polo sur.
Cunha extensión de algo máis de 265 Km2 e unha poboación de perto dos 110.000 habitantes, O Salnés representa unha das bisbarras con maior densidade de Galicia e unha das que presentan un maior dinamismo económico e demográfico.
A súa paisaxe, rica e variada, permite disfrutaren da montaña e dos vals, do interior ou da costa, das praias e do mar. A ampla oferta turística desta bisbarra abrangue grandes posibilidades para o turismo rural (especialmente en concellos como Meaño, Ribadumia ou Meis), espacios protexidos (como o Complexo Intermareal Umia - O Grove), unha ampla oferta de ocio e hostelera e un rico patrimonio cultural, artístico e arqueolóxico. Ademáis, para dar gusto ó paladar, a bisbarra ofrece unha variada gastronomía baseada en productos típicos como mariscos, peixes, carnes e postres, sempre acompañados dos mellores viños da zona, entre os que destacan o albariño e o viño de Barrantes.
En pleno corazón do Salnés, Meaño permite disfrutar da tranquilidade e o descanso a poucos kilómetros dos restantes concellos da bisbarra. Cara ó interior atopamos os concellos de Ribadumia e Meis, onde se sitúa o campo de golf e o Mosteiro da Armenteira. Seguindo a costa da Ría de Arousa cara ó Norte podemos visitar Cambados, magnífica mostra da arquitectura señorial galega, Vilanova, A Illa e Vilagarcía. Cara ó Sur, na Ría de Pontevedra, o concello de Sanxenxo reúne un gran número de arenais a poucos minutos de Meaño. Entrambas rías, a través do Istmo de A Lanzada, entramos no concello do Grove, co Monte Siradella, San Vicente do Mar e a Illa da Toxa.
Para máis información consulte a páxina web da Comarca do Salnés: www.osalnes.com.


