Rota dos Muíños

Urbanismo e obras

Casa do Concello, rúa Campo da Feira, Nº 1, Meaño
Tel.: 986 747 102   Fax: 986 747 391
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9 a 14 horas.

A área de Urbanismo e Infraestruturas organízase administrativa e funcionalmente en catro servizos que son coordinados pola Dirección da área de Urbanismo. As funcións que se desenvolven nesta área son as seguintes:

  • Xestión dos instrumentos de ordenación territorial e planificación urbanística, así como a xestión dos mesmos (proxecto de equidistribución, expropiacións e xestión do patrimonio).
  • Tramitación de licenzas e disciplina urbanística.
  • Elaboración de proxectos, dirección e execución destes, especialmente no que lles afecta aos edificios municipais e ás obras de urbanización, así como o mantemento das infraestruturas públicas: alumeado, mobiliario urbano...

A área de Urbanismo está integrada polos seguintes servizos:

Servizo de Licenzas e Disciplina urbanística

Encárgase da tramitación e informe de licenzas (expedientes de obra maior e menor, apertura de actividades...) e dos expedientes derivados da comisión de infraccións urbanísticas. Neste servizo inclúese a Oficina de rehabilitación municipal que realiza idénticas funcións no ámbito do casco histórico.

Licenza de obras

Este tipo de licenza implica a autorización municipal para a realización de expedientes de obra maior e menor, apertura de actividades, e a tramitación dos expedientes derivados da comisión de infraccións urbanísticas.

Licenzas de aperturas

Este tipo de licenza implica a autorización municipal para a instalación de establecementos, industrias ou almacéns cualificados como molestos, insalubres, nocivos ou perigosos, ou para as non clasificadas.

Trámites

Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística. Expropiacións e Patrimonio

Asume as tarefas relativas ao Planeamento xeral e de desenvolvemento (informe e tramitación do plan xeral, plans parciais, especiais, de sectorización, estudos de detalle e proxectos de urbanización), xestión do solo (proxectos de equidistribución, patrimonio e expropiacións) e cartografía.

Servizo de Programación e Proxección

Elabora e supervisa os grandes proxectos municipais e a urbanización da totalidade dos espazos públicos dos novos ámbitos que se incorporan ao desenvolvemento urbanístico.

Servizo de Obras e Proxectos

As súas funcións vincúlanse á dirección e supervisión das obras e proxectos de iniciativa pública.