inicio  Estás en:

Concello

> Benvida
31/10/2014
icono apartado
Carta da Alcaldesa
Benvid@ á web do concello de Meaño
Benvidos á nova páxina Web oficial do Concello de Meaño, esperamos que a súa visita virtual permita coñecernos mellor ó tempo que desexamos ofrecerlles nesta páxina unha serie de servizos de utilidade e informacións relevantes sobre o funcionamento do Concello.
Neste contexto o Concello de Meaño márcase o reto de dixitalizar os seus servizos e camiñar con pasos firmes na sociedade da información.
A través desta web, tamén nos gustaría amosa-la realidade dun pobo que entre todos, tratamos de mellorar para gozo de propios e visitantes.
 
A eficacia dos servizos municipais
Está directamente vencellada á súa proximidade, a súa transparencia e á facilidade para que o cidadán conte coa información e apoio necesarios para resolver os seus trámites e para atopar pronta resposta ás súas reclamacións e queixas.
Polo tanto o propósito da nova web municipal é que a estructura administrativa sexa o máis accesible. Para elo ofrecerá paulatinamente un maior caudal de información sobre os distintos servizos municipais e a posibilidade de realizar diversos trámites, xestións e consultas administrativos a través da rede.
Queremos tamén que a web sexa unha canle aberta para expresar e recoller as súas propostas.


Un saúdo dende Meaño
flecha Servizos destacados