inicio  Estás en:

Servizos

> Urbanismo
18/11/2017
icono apartado
Urbanismo
A área de Urbanismo e Infraestruturas organízase administrativa e funcionalmente en catro servizos que son coordinados pola Dirección da área de Urbanismo. As funcións que se desenvolven nesta área son as seguintes:
  • Xestión dos instrumentos de ordenación territorial e planificación urbanística, así como a xestión dos mesmos (proxecto de equidistribución, expropiacións e xestión do patrimonio).
  • Tramitación de licenzas e disciplina urbanística.
  • Elaboración de proxectos, dirección e execución destes, especialmente no que lles afecta aos edificios municipais e ás obras de urbanización, así como o mantemento das infraestruturas públicas: alumeado, mobiliario urbano...
A área de Urbanismo está integrada polos seguintes servizos:
Casa do Concello, rúa Campo da Feira, Nº 1, Meaño 
Tel.: 986 747 102   Fax: 986 747 391
Horario: De luns  (agás festivos), de 9 a 14 horas.
icono apartado
Servizo de Licenzas e Disciplina urbanística
Encárgase da tramitación e informe de licenzas (expedientes de obra maior e menor, apertura de actividades...) e dos expedientes derivados da comisión de infraccións urbanísticas. Neste servizo inclúese a Oficina de rehabilitación municipal que realiza idénticas funcións no ámbito do casco histórico. Licenza de obras
Este tipo de licenza implica a autorización municipal para a realización de expedientes de obra maior e menor, apertura de actividades, e a tramitación dos expedientes derivados da comisión de infraccións urbanísticas.
 
Licenzas de aperturas
Este tipo de licenza implica a autorización municipal para a instalación de establecementos, industrias ou almacéns cualificados como molestos, insalubres, nocivos ou perigosos, ou para as non clasificadas.
icono apartado
Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística
Asume as tarefas relativas ao Planeamento xeral e de desenvolvemento (informe e tramitación do plan xeral, plans parciais, especiais, de sectorización, estudos de detalle e proxectos de urbanización), xestión do solo (proxectos de equidistribución, patrimonio e expropiacións) e cartografía.

 

Planeamento Urbanístico


Asume as tarefas relativas ao Planeamento xeral e de desenvolvemento (informe e tramitación do plan xeral, plans parciais, especiais, de sectorización, estudos de detalle e proxectos de urbanización), xestión do solo (proxectos de equidistribución, patrimonio e expropiacións) e cartografía.

 

Patrimonio


Realiza as xestións relativas ao conxunto de bens, dereitos e accións que pertencen a este Concello, tanto polo que respecta á tramitación para a súa defensa, como a requirida para a súa adquisición ou alleamento.

Encárgase da tramitación de:
  • Expedientes de cese de ocupación de camiños públicos municipais ou calquera ben do Concello.
  • Expedientes de recuperación, investigación e regularización de propiedades do Concello.
  • Expedientes de recuperación de oficio de bens de dominio público.
  • Alleamento de parcelas municipais
  • Informacións e denuncias de ocupación de camiños
  • Inmatriculación de bens no Rexistro da Propiedade (edictos)
  • Información pública de procesos de concentración parcelaria
  • Inscrición no Rexistro da Propiedade de bens municipais.
  • Formalización en escritura pública de actos de adquisición e transmisión de bens municipais.
  • Emisión de informes sobre bens de titularidade municipal.
 

Expropiacións


A expropiación é un sistema de actuación directo que pode aplicarse, ademais de para a execución de polígonos, para a obtención dos sistemas xerais da ordenación urbanística do territorio ou de algún dos seus elementos ou para realizar actuacións illadas en solo urbano.

Poderá ser utilizado, cando razóns de urxencia ou necesidade así o xustifiquen. Deste xeito a administración actuante obtén a propiedade de todos os bens e dereitos incluídos no polígono, executa as obras de urbanización e posteriormente allea ou promove as parcelas resultantes susceptibles de urbanización.
icono apartado
Servizo de Programación e Proxección
Elabora e supervisa os grandes proxectos municipais e a urbanización da totalidade dos espazos públicos dos novos ámbitos que se incorporan ao desenvolvemento urbanístico.
 
icono apartado
Servizo de Obras e Proxectos
As súas funcións vincúlanse á dirección e supervisión de obras e proxectos de inciativa pública.
flecha Servizos destacados