inicio  Estás en:

noticias

18/05/2024
icono apartado
Solicitude praza Escola Infantil Municipal 0-3 anos
foto
CARLOS VIEITEZ FERNÁNDEZ, ALCALDE- PRESIDENTE DO CONCELLO DE MEAÑO ( PONTEVEDRA)
FAGO SABER
            Que con data 13 de marzo publicouse bando de apertura de prazo para solicitude de praza na Escola Infantil Municipal 0-3 anos.  Que o 14 de marzo foi publicado no Boletín Oficial do Estado nº 67 o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación sanitaria ocasionada polo COVID-19, polo que os plazos administrativos quedaron suspendidos.
            Dende o día 5 e ata o día 25 de xuño  ábrese  o  prazo  para solicitar praza na  Escola Infantil Municipal 0-3 anos
            A Escola Infantil Municipal 0-3 anos permanecerá pechada ata o próximo curso como medida preventiva fronte ó COVID- 19.
            Debido á situación sanitaria actual o número de prazas dispoñibles así como a incorporación do alumnado á Escola estará condicionada e  poderá sufrir variacións segundo as directrices que marquen as autoridades competentes.
 
                DOCUMENTACIÓN  A ACHEGAR XUNTO COA SOLICITUDE
 
                - DNI pai e nai
- Libro de Familia
- Libro de Familia Numerosa (de ser o caso)
-Cartilla Seguridade Social do menor
-Xustificante de ocupación ou desemprego dos proxenitores (últimas nóminas, certificado vida laboral, certificado de empresa ou certificación de demandante de emprego)
-Xustificante de ingresos (copia da declaración do IRPF exercicio 2018, ou no caso de non estar obrigado a declarar, certificacións expedidas pola axencia estatal de administración tributaria, certificado de prestación económica do INEM ou certificado de non prestación, se é o caso)
-Certificado ou informe médico do/a neno/a
-Certificado de convivencia.
- Certificado de minusvalía alegada polos membros da unidade familiar
-Documentación acreditativa de incidencias tales como separación do Cónxuxe, abandono do fogar etc.
 
AS SOLICITUDES E A  DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE ENTREGARASE NA OFICINA DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN DO CONCELLO EN HORARIO DE 09:00 A 14:00 HORAS. OU A TRAVÉS DA SEDE ELECTRÓNICA
 
Documento datado e asinado dixitalmente á marxe
 
flecha Servizos destacados