inicio  Estás en:

El municipio

> Meaño
05/12/2024
icono apartado
El municipio de Meaño
Enclavado en pleno corazón do Salnés, rodeado polos concellos de Ribadumia, Poio, Sanxenxo e Cambados, e aberto na súa parte baixa ó mar de Arousa, o Concello de Meaño combina como poucos a beleza natural da súa paisaxe coas imáxes máis emblemáticas da Galicia rural.

Os seus 28 km2 de extensión albergan unha poboación de 5500 habitantes, distribuidos en pequenos núcleos que configuran as sete parroquias que forman o concello: Covas, Padrenda, Xil, Meaño, Simes, Lores e Dena, esta última é a máis densamente poboada, e a única en contacto co mar.

Situación

Val do Salnés

Poboación

5.500 habitantes

Extensión

28 Km2

Límites

  • Norte: Concello de Ribadumia
  • Sur: Concello de Sanxenxo
  • Este: Concellos de Meis e Poio
  • Oeste: Concellos de Sanxenxo e Cambados e a Ría de Arousa

Parroquias

  • Cobas
  • Dena
  • Lores
  • Meaño
  • Padrenda
  • Simes
  • Xil

Comunicacións

Vía Rápida 4.1,Estrada Comarcal de Vilagarcía - O Grove e o enlace desta con Sanxenxo, estrada Noalla - Caldas e outras estradas locais.
flecha Servicios destacados