inicio  Estás en:

O municipio

> Meaño
19/04/2024
icono apartado
O municipio de Meaño
Enclavado en pleno corazón do Salnés, rodeado polos concellos de Ribadumia, Poio, Sanxenxo e Cambados, e aberto na súa parte baixa ó mar de Arousa, o Concello de Meaño combina como poucos a beleza natural da súa paisaxe coas imáxes máis emblemáticas da Galicia rural.

Os seus 28 km2 de extensión albergan unha poboación de 5.475 habitantes, distribuidos en pequenos núcleos que configuran as sete parroquias que forman o concello: Covas, Padrenda, Xil, Meaño, Simes, Lores e Dena, esta última é a máis densamente poboada, e a única en contacto co mar.
 
Situación
Val do Salnés (ver situación)
Poboación
5.500 habitantes
Extensión
28 Km2
Límites
  • Norte: Concello de Ribadumia
  • Sur: Concello de Sanxenxo
  • Este: Concellos de Meis e Poio
  • Oeste: Concellos de Sanxenxo e Cambados e a Ría de Arousa
Parroquias
  • Cobas
  • Dena
  • Lores
  • Meaño
  • Padrenda
  • Simes
  • Xil
Comunicacións
Autovía do Salnés, Estrada Comarcal de Vilagarcía - O Grove e o enlace desta con Sanxenxo, estrada Noalla - Caldas e outras estradas locais.
flecha Servizos destacados