inicio  Estás en:

anuncios

26/04/2024
icono apartado
Convocatoria para cubrir praza de operario encargado de obras e servizos municipais
ANUNCIO
Persoal, oposicións
 
CONVOCATORIA PARA CUBRIR PRAZAS EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL.
 
A Xunta de Goberno Local, na sesión de data 07-12-2015, aprobou as bases que regularan a convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral, mediante a modalidade contractual de duración determinada por interinidade, para o desempeño de funcións propias do posto de traballo de operario encargado de obras e servizos municipais ata a súa cobertura con carácter laboral fixo.
 
O período de presentación de solicitudes será de 10 días naturais  a contar dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.     
 
As bases íntegras publicaranse na páxina web do Concello de Meaño (www.concellodemeano.com) e tamén estarán a disposición das/os intersados/as na oficinas municipais.                                            
 
Meaño, 29 de decembro  de 2015                    
                                               A alcaldesa 
 
                                               Asdo. Mª Lourdes Ucha Varela
 
 
flecha Servizos destacados