inicio  Estás en:

anuncios

28/03/2024
icono apartado
Primeira Experiencia Profesional
 
ANUNCIO
SUBVENCIÓN Ó ABEIRO DO PROXECTO “PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL” NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2022/2023 NO MARCO DO PLAN DE FOMENTO DA EMPREGABILIDADE
 
  • O Concello de Meaño presentou solicitude de subvención ante a Deputación de Pontevedra para a contratación de 2 persoas tituladas que cumpran os requisitos esixidos, segundo a normativa vixente para a formalización de contratos formativos, por medio das Bases e Convocatoria do Programa de Fomento da Empregabiliadade na Provincia de Pontevedra “Primeira Experiencia Profesional” nos concellos da Provincia de Pontevedra 2022/2023, publicada no BOPPO num 74 de 19 de abril de 2022.
  • Por medio deste proxecto se solicitou a subvención para a contratación de:
    • 1 Técnico/a Xestión Administrativa. Ciclo Medio Formación Profesional.
    • 1 Arquitecto. Estar en posesión da titulación habilitante para o exercicio profesional da Arquitectura
  • Os/as candidatos interesados en participar no procedemento de selección, deberán ser remitidos como consecuencia do resultado da oferta de emprego emitida polo Concello de Meaño, e tramitada na oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia sita en Cambados, e reunir os requisitos establecidos para formalizar un contrato formativo:
  1. Estar en posesión da titulación universitaria ou título de grado medio ou superior de formación profesional ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, de acordo coas leis reguladoras do sistema educativo vixente, que habiliten para o exercicio profesional, e establecidas nas bases específicas para cada posto.
  2. Estar inscrito/a como demandante ou en mellora de emprego no Servizo Público de Emprego.
  3. Estar empadroados nalgún dos concellos da provincia de Pontevedra con anterioridade á data de publicación da  convocatoria no BOPPO ( 19/04/2022)
  4. Que no momento da contratación non transcorresen máis de tres anos, ou máis de cinco cando o contrato se realice cunha persoa con discapacidade, desde a terminación dos correspondentes estudos.
  5. Que non obtivera experiencia profesional ou realizado actividade formativa na mesma actividade dentro da entidade por un tempo superior a tres meses, sen que se computen a estes efectos os períodos de formación ou prácticas que formen parte do currículo esixido para a obtención da titulación que habilita esta contratación.
  6. Que non estean contratadas ou contratados en prácticas no momento da selección nalgún dos programas que contemplen contratos en prácticas ou formativos da Deputación de Pontevedra.
  7. Non ter estado contratada na mesma ou distinta entidade en virtude da mesma titulación. Tampouco na mesma entidade para o mesmo ou distinto posto aínda que se trate de titulacións distintas.
  • O Sistema de selección é o concurso de méritos de acordo co establecido nos criterios de selección Anexo III da Convocatoria BOPPO ( 19/04/2022) e nas Bases de selección.
  • Duración do contrato formativo, máximo 1 ano.
  • Data de inicio previsto o 1 de xullo de 2022. 
 
As bases específicas poderán consultarse, no taboleiro de anuncios, na  sede electrónica e na  páxina web do Concello de Meaño. Estes serán os principais medios para dar publicide a tódalas notificacións dos actos que deriven do proceso de selección.
 
En Meaño,
O Alcalde
Carlos Vieitez Fernández
 
documento datado e asinado dixitalmente ao marxe
 
flecha Servizos destacados