inicio  Estás en:

anuncios

20/04/2024
icono apartado
Convocatoria para cubrir prazas en réxime de contratación laboral temporal
PERSOAL-OPOSICIONS
CONVOCATORIA PARA CUBRIR PRAZAS EN RÉXIME DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL .
 
Aprobadas pola  Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria de data 9 de xullo de 2018, as Bases de selección que regularán as seguintes prazas:
 
-PROFESORES PARA A ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DE MEAÑO: 1 música e movemento, 1 inicio linguaxe musical, 2 linguaxe musical, 1 piano, 1 coro, 1 conxunto musical-banda, 1 guitarra, 1 clarinete, 1 saxofón, 1 trompeta, 1 bombardino/tuba, 1 percusión, 1 chelo, 1 oboe, 1 fagot, 1 frauta, 1 trombón e 1 trompa.
-1 FISIOTERAPEUTA CENTRO SOCIAL POLIVALENTE
-3 COIDADORES/AS AULA DE ACOLLIDA E COMEDOR ESCOLAR
-1 MONITOR/A DE ACTIVIDADES FÍSICAS PARA A IMPARTICIÓN DE ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS
-7 LIMPADORES/AS PARA O CEIP AS COVAS E COIRÓN, ESCOLA INFANTIL DE 0-3 ANOS, PAZO DE LIS E PAVILLÓNS.
-1 TECNICO/A E  1 MESTRE/A EN EDUCACIÓN INFANTIL PARA A ESCOLA INFANTIL DE 0-3 ANOS.
 
Sistema de selección:  Segundo se establece nas bases reguladoras de cada convocatoria.
Prazo de presentación de instancias: 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio desta  convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
 
* As bases e modelos de solicitude estarán a disposición dos interesados na páxina web e nas oficinas municipais do Concello de Meaño, das que se facilitará copia a quen a solicite.
                       
                                                En Meaño a alcaldesa María Lourdes Ucha Varela
 
Documento asinado e datado dixitalmente ao marxe.   
 
flecha Servizos destacados